Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 807 novas da área temática i+D+i:

14/01/2025 | 15:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta subliña o proxecto de Magallanes Renovables en Redondela como exemplo da I+D+i galega

O conselleiro de Ciencia visita o proxecto desta empresa, que aproveita as correntes das mareas para obter enerxía e que instalará unha plataforma no primeiro parque comercial mareomotriz do mundo no Reino Unido

12/01/2025 | 11:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración e a Axencia Galega de Innovación avanzan na colaboración para atraer talento investigador do exterior

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo

27/12/2024 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca en IYImeeting 2024 o seu compromiso coa atracción e retención de talento investigador

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participa na inauguración da XV Edición da Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro

26/12/2024 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda a integración presencial da Policía Nacional e da Garda Civil na sede do CIAE 112-Galicia para reforzar a coordinación ante emerxencias

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, visitou a Axencia Galega de Emerxencias para participar na entrega de drons á Policía Autonómica, que si está presente na sala do 112

26/12/2024 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos industriais para que poidan desenvolver a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos

A Consellería de Ciencia inviste case preto de 2 millóns de euros na cuarta edición deste programa, que suma xa máis de 61 investigadores participantes

23/12/2024 | 12:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia aumenta o seu peso no programa marco de I+D+i da Unión Europea

As entidades galegas captan 124,3 M€ no programa Horizonte Europa no período 2021-2023, a través de 99 entidades pola participación en 261 actividades de I+D+i

22/12/2024 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Asociación de Científicos Españois no Estranxeiro sitúa a Galicia como un caso de éxito na captación e apoio a persoal investigador

A Xunta participa na Reunión de diplomacia científica, tecnolóxica e de innovación na que se abordan colaboracións en I+D+i e estratexias de internacionalización

22/12/2024 | 10:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a contribución de NTT Data ao impulso da innovación no tecido empresarial e nos servizos públicos

O presidente da Xunta mantivo un encontro co director xeral en España desta consultora tecnolóxica, Víctor López-Barrantes e o director en Galicia e Asturias, Alberto Borrego

19/12/2024 | 16:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avalía co CSIC accións para impulsar a proxección internacional do Cesga

O Goberno galego, que leva investido en centros do CSIC máis de 28M€, reforza lazos coa entidade estatal para impulsar a investigación de excelencia