Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre a partir de mañá o prazo para que os concellos costeiros poidan pedir autorización para explotar servizos de tempada no seu litoral
Tras o traspaso a Galicia o pasado 1 de xullo das funcións e servizos para a xestión do litoral, esta é a primeira vez que o Goberno autonómico tramitará de forma directa este tipo de solicitudes na zona de dominio público marítimo-terrestre
A Xunta informa ao concello de Rairiz de Veiga das axudas que pon á disposición das entidades locais para mellorar as redes de abastecemento e de saneamento
Explica que, ao abeiro destes apoios, o concello podería financiar actuacións como a construción de depósitos de abastecemento en Fontefría e Forxás ou as melloras do servizo na Venda e Sabariz
A Xunta reafirma o compromiso co labor de secretarios, interventores e tesoureiros de Administración Local como piar na xestión municipal
Diego Calvo destaca o apoio do Goberno galego para contribuír a cubrir estes postos, con medidas como a creación pioneira dunha bolsa autonómica de interinos, e insistiu no rexeitamento á cesión das competencias sobre habilitados ao País Vasco e Cataluña, como pretende facer o Executivo estatal
A Xunta reforza a formación dos empregados públicos en materia de protección de datos para incrementar a seguridade na administración dixital
A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, inauguraron esta tarde a cuarta edición do Curso superior en protección de datos
Rueda celebra a aposta da Xunta pola universidade coa cesión de dous edificios emblemáticos da antiga ETEA
O obxectivo é reforzar o vínculo da universidade coa cidade e coa sociedade galega, transformando os edificios en novos espazos ao servizo da docencia, a investigación e a creación cultural
A Xunta colabora co concello de Crecente para o arranxo da cuberta da casa consistorial por importe de 60.000 euros
A directora xeral de Administración Local visitou o municipio para coñecer as actuacións de mellora que se van a executar