Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.534 novas da área temática Deporte:

03/10/2025 | 16:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica a “importancia capital do mar no deporte” co 7,5% das licenzas correspondente a modalidades náuticas

O secretario xeral para o Deporte destacou os éxitos dos deportes náuticos galegos lembrando que, das 23 medallas olímpicas galegas, 18 delas pertencen a deportes náuticos como piragüismo (14), vela (3) e tríatlon (1)

03/10/2025 | 16:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa pon en valor o tenis de Galicia cun “circuíto difícil de igualar” no que o ITF M15 de Pontevedra xa é unha cita que congrega aos mellores xogadores

Destaca a aposta do Club de Tenis Pontevedra que o ano pasado estreou este torneo e anima aos tenistas galegos que participarán destacando a Rafa Izquierdo, Tomás Currás, Martín Rodríguez e Ander Tarrío

30/09/2025 | 20:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte
30/09/2025 | 15:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xogade arranca a súa 17º edición cun campionato de Cross na Illa das Esculturas no que participarán case 2.500 nenos e nenas

O evento, no que participarán 20 centros educativos da área de influencia de Pontevedra, terá lugar os días 1 e 2 de outubro

29/09/2025 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Jaime Nava, excapitán da selección española de rugby, abriu a nova edición do ciclo ‘Luz ao Deporte’ na sede da Xunta en Lugo

Estudantes de catro centros educativos acudiron á primeira charla do programa, que continuará en outubro coa presenza da piragüista lucense Tania Fernández

26/09/2025 | 19:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete remarca a importancia do deporte en Galicia cun impacto do 1,3% do PIB na inauguración do Máster de Xestión Empresarial de Ourense

O posgrao é un programa único en Galicia e dos poucos en España que se atopa no Top 20 do ranking mundial de másters en Sport Management

26/09/2025 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética dos vestiarios da piscina municipal de Toques con case 60.000€

A delegada da Xunta visitou o Concello para coñecer as accións aprobadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

25/09/2025 | 14:28 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros avoga por un deporte galego “forte, igualitario e con proxección de futuro” durante a presentación da XLII Copa Xunta de Galicia de Voleibol

A delegada territorial de Ferrol participou esta mañá no Concello de Cedeira na presentación da competición que terá lugar os días 27 e 29 de setembro no pavillón municipal