Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 628 novas da área temática Maiores:

21/01/2025 | 17:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 300.000 euros para o reforzo da atención a maiores e persoas con discapacidade do concello de Valga

O Executivo galego investiu máis de 134.000 euros para a adquisición dun vehículo e a realización de melloras no centro de día e no CODI

17/01/2025 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor as actividades de envellecemento activo e saudable impulsadas desde as residencias de maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria destacou que o Executivo galego conta con diferentes programas para o benestar dos maiores

16/01/2025 | 17:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo diario do persoal da residencia pública Torrente Ballester, recoñecida como centro libre de suxeicións

O centro coruñés convértese no primeiro de Galicia en obter esta acreditación, que se enmarca no desenvolvemento do novo modelo de coidados

09/01/2025 | 14:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que os veciños de Bóveda xa contan con dous novos servizos gratuítos de atención a maiores

Antón Acevedo sinala que estes novos recursos darán servizo a unha decena de veciños da contorna

09/01/2025 | 14:18 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García subliña que Fornelos de Montes contará cun fogar residencial para maiores grazas a un investimento da Xunta de máis dun millón de euros

O Executivo galego financia a totalidade das obras para converter as antigas escolas unitarias neste recurso municipal de atención de doce prazas

08/01/2025 | 15:18 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que os veciños do Pino gañarán en calidade de vida coa apertura neste 2025 de dúas novas casas do maior

Estes servizos convértense nos dous primeiros recurso de atención pública e gratuíta a maiores do municipio

07/01/2025 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca as actividades do centro de día e a residencia de Mondoñedo para promover o envellecemento activo

Antón Acevedo destacou que este complexo conta cunha unidade específica para doentes de Alzheimer

04/01/2025 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día municipais de Cerdedo-Cotobade

O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro

03/01/2025 | 13:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiou obras de mellora da accesibilidade no seu centro de día para persoas maiores de Toén

Destináronse preto de 27.000 euros a estas obras enmarcadas no plan de actuacións que a longo de todo o ano se desenvolve nos servizos da rede pública autonómica