Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.332 novas da área temática Administración pública:

10/09/2025 | 17:28 | C. de Facenda e Administración Pública

A Administración autonómica impulsou nos tres últimos anos a maior convocatoria de concursos de traslados da Xunta

Entre o 2023 e o 2025 convocáronse 11 procesos, con máis de 9.000 postos ofertados, e catro dos concursos están xa resoltos

10/09/2025 | 15:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou con case 600.000€ a 55 entidades veciñais na área de Vigo ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria deste ano

A directora xeral de Administración Local visitou hoxe, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, as obras realizadas no local social da asociación veciñal Emilio Crespo de Navia, unha das beneficiarias destas axudas

09/09/2025 | 14:12 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta promove a formación en administración electrónica para mellorar as competencias dixitais e consolidar unha administración máis áxil e eficiente

A directora da EGAP e o director da Amtega inauguraron hoxe unha nova edición do Curso superior de Administración electrónica, convocado pola Escola, en colaboración tamén co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

07/09/2025 | 10:12 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 104.000 galegos empregan a aplicación XuntaEu para as súas xestións coa administración

A app permite consultar notificacións, expedientes, recibir avisos, xestionar citas, acceder a certificados, tarxetas e carnés emitidos pola Xunta

04/09/2025 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello de Cerdedo-Cotobade colaboran na posta en marcha desde o próximo luns de dúas liñas de autobús que atenderán ao alumnado dos institutos da Xunqueira de Pontevedra

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, formalizaron o convenio que permitirá activar os servizos de interese municipal (SIMU) durante a tempada lectiva 

03/09/2025 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos case 26 M€ nos últimos anos en proxectos de 2.300 entidades veciñais

O Plan específico de acción comunitaria saldouse con case 400 colectivos beneficiarios neste exercicio no que a Xunta incrementou o orzamento en 1M€ ata acadar os 4M€ 

23/08/2025 | 09:33 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia reduce as fendas dixitais cun incremento de máis dun 30 % nos maiores que se conectan á rede e un uso de internet no rural que supera o 90 %

O uso de tecnoloxías dixitais creceu entre 2021 e 2024 un 12,3 % nas persoas de entre 55 e 64 anos, e un 32 % nas persoas de entre 65 e 75 anos

12/08/2025 | 11:51 | C. de Facenda e Administración Pública

A administración dixital universalízase en Galicia e permite facer a totalidade dos trámites da Xunta online

Todos os concellos de máis de 5.000 habitantes dispoñen de sede electrónica

07/08/2025 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pide á Fegamp a súa colaboración para difundir entre os concellos o decreto que regula as ECCOM e que permitirá axilizar trámites para construír vivenda

O Goberno galego remitiu unha carta asinada polos conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, ao presidente da Fegamp, Alberto Varela, para solicitar a colaboración da entidade na divulgación deste novo decreto