Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca o papel do Banco de Alimentos Rías Altas na loita contra a desigualdade social e como reflexo da solidariedade do pobo galego
Destaca a importancia do traballo realizado polos máis de 2.300 voluntarios que “traballan os 365 días do ano e que, en datas tan sinaladas, son garantía de que moitas persoas poidan celebrar as festas como todo o mundo se merece”
A central de coordinación do 061 de Galicia reforza o seu persoal ante a previsión de incremento das urxencias sanitarias no Nadal
O persoal facultativo e teleoperador incrementarase durante as datas de maior actividade co obxectivo de axilizar as consultas médicas e optimizar a xestión dos recursos
A Asociación de Científicos Españois no Estranxeiro sitúa a Galicia como un caso de éxito na captación e apoio a persoal investigador
A Xunta participa na Reunión de diplomacia científica, tecnolóxica e de innovación na que se abordan colaboracións en I+D+i e estratexias de internacionalización
Rueda destaca a contribución de NTT Data ao impulso da innovación no tecido empresarial e nos servizos públicos
O presidente da Xunta mantivo un encontro co director xeral en España desta consultora tecnolóxica, Víctor López-Barrantes e o director en Galicia e Asturias, Alberto Borrego
Rueda destaca o labor de asociacións como Cáritas na loita polos máis desfavorecidos
Cáritas atendeu a case 300.000 persoas na nosa comunidade no 2023
A Xunta eleva ata máis de 10,5 M€ as axudas a entidades sen ánimo de lucro para contratar case 530 persoas e facilitar a súa empregabilidade nos servizos sociais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde coa ampliación de orzamento desde os case 9,3 millóns de euros iniciais, que xa supoñían unha suba superior ao 9% en relación ao importe do exercicio anterior
A Xunta pon en valor a Casa da Misericordia como referente na reinserción social das persoas que saen do cárcere
O obxectivo deste recurso é ofrecer acompañamento e apoio aos reclusos que carecen de medios para a súa inclusión social
A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social para consolidar o emprego de calidade e abordar retos do mercado laboral
José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e proxectos de 2025, incluído o plan de traballo xunto co tecido produtivo e as centrais sindicais