Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.028 novas da área temática Emerxencias e interior:

28/03/2025 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/03/2025 | 11:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca seis bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria, cun prazo de solicitude dun mes a partir de mañá

28/03/2025 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta instalará nesta campaña 20.000 trampas para capturar raíñas en niños primarios no marco das medidas de choque fronte a vespa velutina

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou o éxito desta medida o ano pasado cando se puxo en marcha en modo de proba e permitiu reducir os avisos nun 46% coa captura de máis de 113.200 raíñas

27/03/2025 | 10:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece dous incendios forestais nos concellos de Redondela e Boiro

O lume no municipio de Redondela produciuse de maneira intencionado cunha fonte de calor directa como un chisqueiro e o rexistrado en Boiro debido a un escape dunha queima sen as medidas de seguridade e sen permisos

26/03/2025 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa no acto de entrega de condecoracións ao Mérito Civil

Durante o acto entregáronse as distincións aos traballadores públicos cuxo labor exemplar contribuíu de maneira significativa ao ben común

26/03/2025 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo recibe ao xefe da Unidade de Policía Autonómica da Coruña, Alejandro Maceiras Bastida

A delegada destacou o importante traballo que leva a cabo esta unidade no eido da protección de mulleres vítimas de violencia de xénero a través do programa VioXen a través do cal, o ano pasado, atenderon na Coruña a 130 mulleres

25/03/2025 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Provincial da Coruña para a prestación do servicio contra incendios e salvamento aproba o primeiro convenio colectivo e a modificación da relación de postos de traballo

Na xuntanza da entidade celebrada esta mañá participou por parte do Goberno galego a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva

25/03/2025 | 15:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina este ano preto de 2,7 M€ a actuacións de conservación fluvial en toda Galicia para incrementar a súa resistencia ante posibles inundacións

Ángeles Vázquez explica que a previsión do Goberno galego é actuar este ano en arredor de 550 quilómetros de ríos galegos coa execución de labores de conservación e limpeza

25/03/2025 | 13:20 | C. do Medio Rural

Medio Rural entregará seis máquinas hidrostáticas polivalentes ao SPIF e a catro mancomunidades municipais da provincia de Ourense

A titular do departamento explicou que se trata de vehículos deseñados pola propia Dirección Xeral de Defensa do Monte e que poden realizar tanto traballos preventivos como de extinción

24/03/2025 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta prevé comezar en primavera o trampeo no marco do plan de choque da nova campaña de loita contra a vespa velutina

A directora xeral de Administración Local e o director xeral de Emerxencias e Interior destacaron hoxe nunha reunión que a instalación de máis de 20.500 trampas colocadas en 261 concellos en 2024 supuxeron a captura de máis de 113.200 raíñas, o que derivou nunha redución de case un 50% no número de avisos