Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.230 novas da área temática Áreas temáticas:

20/06/2026 | 16:25 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda afirma que os profesionais sanitarios son o piar fundamental sobre o que se sustenta a excelencia do sistema público de saúde galego

Reitera o compromiso prioritario do Goberno galego con ofrecerlles a estes profesionais as mellores condicións posibles para o desenvolvemento do seu traballo, poñendo en marcha medidas para reducir a burocracia na atención primaria e avanzando unha reforma integral deste nivel asistencial en poucas semanas  

20/06/2026 | 16:16 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o papel das razas autóctonas como patrimonio, identidade e oportunidade de desenvolvemento para o rural galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou este mediodía na I Festa Gastronómica da Cachena

20/06/2026 | 15:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca no 5º Encontro de amigos do Centro Galego de Maracaibo a volta á terra da descendencia daquelas xeracións que emigraron a Venezuela

José González pon en valor este encontro impulsado por antigos socios e descendentes da colectividade galego-venezolana retornada, enxalzando a memoria compartida e a identidade que foi capaz de sobrevivir ao paso do tempo e á distancia

20/06/2026 | 14:24 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta organiza a III Etapa Popular Camiño da Costa entre Vigo e Redondela con récord de inscricións

Máis de 200 persoas responden á chamada para participar no andaina que se celebrará este domingo, 21 de xuño, para reclamar a sinalización da ruta en Vigo

20/06/2026 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 210.000 euros á mellora da praia fluvial do río Furelos, en Melide

Ángeles Vázquez explica que esta acción dá resposta a unha demanda da veciñanza e dos pescadores xa que permitirá recuperar a dinámica fluvial no río e evitará a persistencia de sedimentos e lodos acumulados na zona de baño durante o verán

20/06/2026 | 13:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa en Ribadavia o oficio da marroquinería artesanal dentro do proxecto Vilas Vivas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá o desenvolvemento do curso Tomate e trevo impartido pola artesá Antonina Kadyrova na Casa Artesanía de Galicia

20/06/2026 | 13:14 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García entrega á Casa de Marcelo o distintivo que o acredita como establecemento adherido ao Carné +65

A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou que preto de 1.000 negocios galegos sumáronse xa a esta iniciativa pioneira que ofrece beneficios ás persoas maiores galegas

20/06/2026 | 13:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta reúne un milleiro de persoas nunha nova edición da Holi Gaiás

A carreira, cun percorrido de cinco quilómetros e carácter lúdico, lévase a cabo nos exteriores da Cidade da Cultura baixo unha poeira de cores

20/06/2026 | 13:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o luns 22 as obras da nova senda de Marcón, na PO-542 en Pontevedra, nas que investirá 1,4 M€

Xunto ao novo itinerario peonil e ciclista, habilitarase unha glorieta para mellorar a seguridade viaria nesta contorna da parroquia de Marcón