Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 940 novas da área temática Industria:

16/02/2025 | 13:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aborda cos alcaldes da Veiga e Poio as necesidades de solo empresarial para reforzar o seu desenvolvemento industrial

A responsable de Economía e Industria destaca que un dos obxectivos da política económica do Goberno galego é que as empresas teñan máis facilidade de acceso ao solo para o desenvolvemento de novos proxectos xeradores de emprego e riqueza

14/02/2025 | 16:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o polígono industrial de Espiñeira en Boiro cun investimento de case 106.000 €

Estas axudas van dirixidas a mellorar as infraestruturas dos parques empresariais  

13/02/2025 | 12:58 | C. de Economía e Industria

O Igape presenta en Lalín o seu novo paquete de axudas con 172 M€ para innovación, financiamento e competitividade

A directora do Instituto Galego de Promoción Económica, Covadonga Toca, participa nunha xornada para autónomos e pemes organizada pola Asociación de Empresarios do Deza - AEDEZA

11/02/2025 | 17:15 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste preto de 1 M€ na mellora dos parques empresariais da provincia de Pontevedra

O delegado territorial visitou os resultados das obras de ampliación da rede de alumeado do polígono industrial da Pedreira, en Meaño

11/02/2025 | 14:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por fomentar a diversificación do sector industrial en Galicia para reducir a dependencia do exterior

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a directora do Igape, Covadonga Toca, participaron hoxe na xornada de presentación do informe de BDO Retos e perspectivas de investimento en Galicia para 2025

08/02/2025 | 12:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a excelente acollida do programa Renova o teu vehículo, que acumula xa máis de 600 solicitudes en dúas semanas

Destaca que, segundo o tipo de motor, estas axudas están sendo máis demandas para vehículos híbridos de gasolina, seguidos dos de gas natural (GLP), gasolina, os híbridos enchufables e os eléctricos puros

06/02/2025 | 14:02 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

Lorenzana anuncia que a Xunta convocará este ano tres novas liñas de axuda para proxectos de descarbonización industrial e enerxías renovables

En total suman 16,2 M€ e financiarán a implantación de plantas de fabricación de compoñentes e almacenamento enerxético, o uso do hidróxeno renovable, a produción de biogás ou biometano e o desenvolvemento de tecnoloxías renovables mariñas

06/02/2025 | 11:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por unha minería sustentable, que favoreza o asentamento de poboación e actúe como motor da economía galega

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, inaugura hoxe a xornada técnica Concurso de dereitos mineiros en Galicia