Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.750 novas da área temática Emprego:

02/02/2026 | 16:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta agradece o labor do CIFP Ferrolterra a prol da inserción laboral do alumnado

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, inaugura as XX Xornadas Ensino-Empresa que se desenvolven ao longo de toda a semana

02/02/2026 | 15:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Galicia avanza no traspaso das competencias en materia de autorizacións iniciais de traballo para potenciar o modelo propio de atracción de talento

O Goberno galego acaba de recibir por parte do Executivo central un borrador de acordo de traspaso tras unha primeira reunión técnica celebrada a pasada semana

31/01/2026 | 16:07 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o apoio financeiro que a Xunta presta este ano ás empresas galegas cunha liña de axudas de acceso ao crédito aberta por importe de 19 M€

Estes préstamos bonificados de tres a 15 anos pódense solicitar ata o 30 de setembro por importe de entre 3.000 e 1 M€ para investimentos produtivos ou circulante

31/01/2026 | 13:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Deputación de Ourense afondarán na súa colaboración para potenciar os mercados de abastos da provincia como dinamizadores da economía local

O conselleiro e o presidente provincialdefiniron as obras de mellora da praza de Xinzo, nas que cooperan o Goberno galego, a Deputación de Ourense e o Concello, como un modeloa replicar no resto de prazas ourensás

30/01/2026 | 18:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con máis de 2 millóns de euros a 19 empresas de Lugo para a mellora de infraestruturas e equipamentos

O delegado territorial da provincia, Javier Arias, explicou que se impulsan proxectos de expansión das pemes cunha axuda media do 30% do investimento subvencionable

30/01/2026 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a súa aposta pola empregabilidade feminina en ocupacións masculinizadas como as tecnolóxicas

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou na xornada ‘Tecnolóxicas’, organizada por Asime

30/01/2026 | 13:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que segue aberta a inscrición nas novas lanzadeiras de emprego que buscan impulsar a inserción laboral en Galicia

Esta ferramenta enmárcase no programa Hubs de activación da empregabilidade, impulsado pola Fundación Santa María la Real co apoio do Goberno galego é gratuíto e semipresencial e está dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos