Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 538 novas da área temática Portos:

12/09/2023 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promocionará a imaxe turística de Vigo con actividades no porto durante a histórica xornada de cruceiros

A delegada da Xunta en Vigo mantivo este martes o primeiro encontro oficial co novo presidente do Porto, Carlos Botana
 

06/09/2023 | 15:14 | C. do Mar

A Xunta destina máis de 220.000 euros á ampliación e mellora da nave de redes do porto de Bueu

Portos de Galicia iniciou o procedemento para a contratación das obras que permitirán renovar a cuberta do edificio e habilitar novos espazos

06/09/2023 | 14:30 | C. do Mar

A Xunta saca a concurso a explotación dunha planta de cultivos mariños no porto de Tragove, en Cambados

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio para o outorgamento dunha concesión por un prazo máximo de 50 anos

01/09/2023 | 13:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta garante que coa entrada en vigor da Lei do litoral Cambados xa pode seguir adiante co plan especial da zona portuaria

Ángeles Vázquez anima ao Concello a retomar a tramitación do proxecto impulsado en 2014 para desenvolver o porto de Tragove e San Tomé e subliña que o novo marco normativo galego regula como actividades estratéxicas do dominio público as instalacións ligadas á cadea mar-industria, polo que “xa non hai obstáculos”

23/08/2023 | 15:04 | C. do Mar

A Xunta destaca o labor da Autoridade Portuaria da Coruña a prol de achegar os peiraos á cidadanía e mostrar a súa importancia socioeconómica

Alfonso Villares enxalzou a dimensión internacional do peirao herculino, que é un dos grandes centros loxísticos do Atlántico e líder do noroeste peninsular en tráfico de cruceiros

03/08/2023 | 19:38 | C. do Mar

A Xunta apoia con máis de 1,5 M€ un total de 85 proxectos de eficiencia enerxética e melloras a bordo dos buques pesqueiros

O Executivo galego destina estas achegas a mellorar a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais embarcados, así como á eficiencia no consumo de combustibles para mitigar o cambio climático mediante medidas como o cambio de motores, entre outros aspectos

03/08/2023 | 09:01 | C. do Mar

A Xunta ultima a estratexia para salvagardar e poñer en valor o conxunto do patrimonio marítimo galego

O titular de Mar sinala que está en fase moi avanzada o Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030, composto por un centenar de medidas

20/07/2023 | 14:59 | C. do Mar

A Xunta impulsa a divulgación do patrimonio marítimo e a educación azul coa xira do buque Atyla por distintos portos galegos

A embarcación escola percorrerá entre o 26 de xullo e o 21 de agosto os peiraos de Vigo, Combarro, Sada, Viveiro, Corcubión e Muros, onde poderá visitarse de balde