Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por 355.000 euros a redacción do proxecto do inmoble de aloxamentos compartidos e temporais para a mocidade en Vigo
O inmoble, que albergará 80 aloxamentos, é unha das medidas da Xunta para garantir que a mocidade poida comezar a súa vida adulta nun fogar digno, de calidade e a prezos accesibles ás súas posibilidades
Galicia amosa as capacidades da I+G+i a unha delegación da Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos Españois no Exterior
Con esta visita, na que coñecen os diferentes axentes do sector, a Xunta busca impulsar colaboracións internacionais en materia de I+D+i
A Estratexia da paisaxe galega 2030 entra na fase de coordinación das accións entre os departamentos da Xunta para pechar o documento antes de final de ano
No marco desta nova xuntanza deuse conta aos asistentes da situación actual do borrador e do proceso participativo que se ven desenvolvendo, ademais de analizar de forma pormenorizada os cinco obxectivos fundamentais que guiarán a estratexia
A Xunta salienta a acollida da nova edición dos bonos Activa Comercio con máis de 620.000 euros mobilizados nos comercios ahderidos no arranque da campaña
José González destacou o éxito desta iniciativa que conta con máis de 6.000 negocios adheridos en toda Galicia e volve rexistrar unha resposta masiva da cidadanía, con arredor de 61.500 bonos xa descargados ás 11,00 h.
A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia nas provincias da Coruña e de Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)
A Xunta dá luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico do Sagrado Corazón en Lugo, coa previsión de urbanizar solo para 1.200 vivendas
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes co fin de favorecer unha axeitada integración paisaxística
A Xunta apoia as melloras no local social da asociación de veciños, cultural e recreativa O Fragoso de Vide de Castrelo de Miño
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, o material adquirido ao abeiro das axudas do Plan específico de acción comunitaria co obxectivo de impulsar as actividades levadas a cabo pola entidade
Fabiola García agradece a colaboración de farmacias, comercios e administradores de fincas para tecer unha rede social coa que combater a soidade non desexada
O obxectivo é informar á poboación da existencia e utilidade do teléfono da soidade non desexada en Galicia, o 900 830 831, chegando ao maior número de persoas posibles e maximizando o seu impacto social
A Xunta pon a disposición da cidadanía desde mañá ás 9,00 horas os bonos dunha nova edición da campaña Activa Comercio dotada cun orzamento de 2,5 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a 2ª andaina do programa en 2025, que promoverá descontos de ata 30 € coa previsión de mobilizar máis de 8,5 M€ en vendas