Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza nas obras de mellora do Complexo Deportivo de Elviña I para dotar á cidadanía de instalacións adecuadas para a práctica do deporte
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou os traballos e sinalou que as obras non perturbarán a actividade deportiva, que se compaxina con peches parciais das instalacións
A Xunta promove o talento directivo a través dun proxecto pioneiro de Interim Management orientado ás pemes galegas
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou no encontro empresarial Talento que transforma: Interim Management para os retos reais das pemes galegas, no que presentou esta iniciativa destinada a incorporar directivos expertos de forma temporal
Medio Rural salienta que preto do 80 % do territorio da Pastoriza está concentrado
A conselleira María José Gómez reuniuse con Darío Cabaneiro, alcalde desta localidade lucense, que recibiu da Xunta máis de 700.000 euros desde 2020 para a mellora das súas infraestruturas rurais
O Servizo Galego de Saúde publica o modelo definitivo de respostas dos exercicios da fase de oposición para o ingreso en sete categorías de persoal estatutario
O Diario Oficial de Galicia recolle tamén a publicación das puntuacións provisionais das categorías de persoal sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos
Rueda destaca que Galicia ten adxudicado xa o 94% do importe dos Fondos MRR publicado en convocatorias e licitacións e o 85 % do ingresado
Salienta que “máis de 46.500 persoas, máis de 8.500 autónomos e 6.000 entidades” e sociedades estanse a beneficiar destes fondos
A Xunta entregará a Medalla de Galicia aos alcaldes de Braga e Porto
Rueda resalta que Ricardo Río e Rui Moreira son un bo exemplo da “do espíritu de cooperación” que hai entre Portugal e a comunidade galega
A Xunta colabora co concello de Fornelos de Montes na ampliación da rede de saneamento de Fondo de Vila
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e o alcalde de Fornelos, Emiliano Lage, visitaron as obras que reciben fondos da Dirección Xeral de Administración Local
A Xunta chama á responsabilidade e exixe ao Ministerio o borrador do futuro Plan Estatal de Vivenda
O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo da Xunta critica que o Ministerio exixa ás CCAA o cofinanciamento do 40% sen coñecer para que, polo que pide ao Goberno que expoña as medidas que pretende incluír no Plan estatal