Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta forma seis persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
As bolsas convocadas o pasado xuño teñen xa destinatarios, que recibirán a formación na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE en Santiago de Compostela ou en unidades da AECID en países prioritarios da cooperación galega como Guatemala, Bolivia, República Dominicana e Mozambique
A Xunta destina 400.000 euros a reforzar a actividade investigadora de oito finalistas da convocatoria do Consello Europeo de Investigación (ERC)
Os apoios establécense mediante un convenio entre a Axencia Galega de Innovación, dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, así como as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e máis a Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (ambas do CSIC)
Galicia participa na constitución do Foro de Países Celtas para reforzar a dimensión atlántica na construción europea
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea representou á Xunta na constitución deste foro en Rennes.
A Xunta renova a súa aposta pola promoción turística conxunta a través da marca España Verde
O director de Turismo de Galicia participou esta mañá na comisión de seguemento desta marca turística, que aglutina ás comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, ademáis de Turespaña.
Fabiola García pecha a súa viaxe institucional selando un compromiso de colaboración co Hogar Español de Montevideo
Asinou un protocolo de colaboración con esta entidade por valor de 20.000 euros para seguir mellorando os coidados neste centro de atención aos galegos emigrantes máis maiores
A Xunta reforza a colaboración coas sociedades Rosalía de Castro en Brasil para mellorar a atención nos seus centros de día
Asinou dous protocolos de colaboración cos centros de día destas entidades, por un valor de 10.000 euros cada un, para garantir a súa calidade de atención
Miranda e Ortiz reciben aos galegos do exterior participantes no programa Conecta co Camiño
O secretario xeral da Emigración e a delegada da Xunta en Vigo deron a benvida aos 50 mozos e mozas procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil que desfrutarán desta iniciativa
Unha gala de exhibición mostra a formación dos participantes no programa Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración en Ferrol
No evento participaron o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, así como o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros
Galicia reforza as relacións comerciais con China cun novo acordo coa Cámara de Comercio e Industria do país asiático
Asinado no transcurso dunha viaxe a China levada a cabo estes días por representantes do Igape, dá continuidade ao impulsado no 2018, que fixo de Galicia a primeira Comunidade autónoma en contar cun memorando destas características cunha das cámaras de comercio máis importantes do país que agrupa máis de 10.000 empresas