Actualidade
Buscador de novas
A Xunta colabora con preto de 55.000 euros do fondo adicional na mellora da eficiencia enerxética do pavillón polideportivo de Cerdido
A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as instalacións acompañada do alcalde, Alberto Rey
Rueda reúnese cunha delegación do conglomerado chinés Citic Group para avaliar os seus proxectos en Galicia e estudar vías de colaboración futura
Sitúa á comunidade como un territorio atractivo para investir, grazas á vantaxes como a estabilidade institucional e o apoio da Administración aos proxectos estratéxicos
A Xunta destaca que a reforma da Lei de Administración Local de Galicia permitirá adaptar a realidade das entidades locais aos retos actuais e futuros
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na clausura do encontro ‘Ideagov-Local. A participación local nos ingresos das Comunidades Autónomas e a reforma da Lalga’, onde incidiu en que a reforma é froito dun traballo amplo e rigoroso previo á elaboración para escoitar todas as visións do mundo local e dun proceso de escoita e diálogo durante a tramitación con máis de 500 achegas avaliadas
A Xunta aposta pola colaboración coa Embaixada de España no Uruguai para avanzar na resposta ás necesidades da colectividade galega no país
O secretario xeral da Emigración, acompañado pola delegada da Xunta no Uruguai, reuniuse hoxe na Embaixada de España co Cónsul Xeral de España no Uruguai e co ministro conselleiro da Embaixada de España
Máis de 16.000 persoas están chamadas a participar esta fin de semana nas oposicións para 256 prazas de emprego público
Un operativo formado por unhas 275 persoas controlará que todos os procesos selectivos se desenvolvan de xeito correcto e con total seguridade
A EGAP analiza os retos da intervención pública na economía e nos sectores regulados
A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, inaugurou a actividade formativa xunto co director do curso e catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, Ricardo Rivero Ortega
Galicia reclama ao Goberno de España medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro e que se teña en conta a realidade de cada territorio
Así o trasladou hoxe a conselleira do Medio Rural na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións