Actualidade
Buscador de novas
Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta ao parque do Xurés
O lume iniciouse ás 13.40 horas de hoxe e afectou finalmente 1 hectárea de superficie rasa
A Xunta apoia con máis de 40 M€ proxectos de desenvolvemento rural a través do Leader no marco do Pepac 2023-27
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural compareceu na Comisión 7ª do Parlamento para informar sobre este programa, cuxa convocatoria deste ano conta cun orzamento histórico de 28,7 M€ e recibiu 984 solicitudes
Medio Rural convoca unha poxa de 44 animais criados no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo o vindeiro 10 de xullo
A licitación e información dos lotes destes exemplares, todos da raza Rubia Galega, poden consultarse na web da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e os interesados poderán visitar as instalacións e ver os animais de xeito presencial o mércores, xoves e venres
A Xunta reafirma o seu compromiso co sector vitivinícola na gala de premios da DO Ribeiro
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, xunto coa directora xerente de Galicia Calidade, participaron hoxe neste evento
Medio Rural destina 150.000 euros á mellora de 1,8 km de vías municipais en Lalín
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, comprobou o resultado das obras levadas a cabo nas parroquias de Santiso, Méixome e Vilatuxe
A Xunta promove a rehabilitación de vivendas destinadas a persoas traballadoras no rural
O delegado territorial destacou o impacto que terá esta liña de axudas na fixación de poboación nos concellos rurais
Medio Rural apoia con máis de 2,8 M€ as actividades de promoción e difusión dos consellos reguladores e asociacións de produtores
A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución destas axudas, cuxa finalidade é animar ás persoas consumidoras a adquirir produtos alimentarios incluídos no marco de programas de calidade diferenciada