Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 420 novas da área temática Emigración:

28/10/2025 | 11:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor as posibilidades do programa Retorna Cualifica Emprego para cubrir as necesidades de man de obra das empresas de Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, coñeceu esta mañá de primeira man a experiencia dun galego retornado contratado na empresa Fento Jardín SL da man desta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

25/10/2025 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta urxe ao Goberno a acelerar a homologación das titulacións universitarias dos bolseiros BEME para potenciar o seu talento e inserción laboral en Galicia

José González destacou a eficacia desta iniciativa integrada na Estratexia Galicia Retorna como instrumento de retorno e fixación de talento cualificado, e animou aos novos bolseiros a que esta experiencia sexa o inicio dun proxecto estable en Galicia

15/10/2025 | 14:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta pon en valor a nova edición do programa ‘Reencontros con Galicia’ que trouxo de regreso preto de 200 maiores de 65 anos residentes no exterior

Procedentes de Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño e regresan mañá, salvo os que quedarán máis tempo para estar coa familia

13/10/2025 | 10:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza a Luz Casal como referente da galeguidade universal tras actuar ante preto de 2.000 persoas en Bos Aires no ‘Saborea Galicia Calidade’

Coincidindo coa celebración do Día da Hispanidade, a artista ofreceu un concerto a pasada noite no centro cultural Palacio Libertad dirixido tanto á colectividade galega residente no país como ao público arxentino

12/10/2025 | 10:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reivindica o papel do Centro Gallego de la Plata e consolidará os lazos coa emigración galega nesta cidade cunha mouteira do Camiño de Santiago

José González participou nos actos do Día da Hispanidade promovidos pola comunidade española da cidade, durante os que a Municipalidade fixo entrega da autorización para a futura instalación dunha mouteira do Camiño de Santiago

11/10/2025 | 10:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove o concerto de Baiuca en Bos Aires como referente da vangarda musical galega e da conexión cultural coas novas xeracións da diáspora

A actuación tivo lugar na sala Groove e encádrase na iniciativa ‘Saborea Galicia Calidade’, celebrada con motivo de que Galicia fora escollida como convidada de honra pola Embaixada de España na Arxentina con motivo do Día da Hispanidade

10/10/2025 | 18:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza en Bos Aires a fortaleza dos lazos entre Galicia e A Arxentina e a proxección internacional da Marca Galicia Calidade

Salienta a marca Galicia Calidade como unha carta de presentación de Galicia ante o mundo

09/10/2025 | 18:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa na Arxentina a proxección internacional do bo facer da cociña galega a través do evento ‘Saborea Galicia Calidade’

A cita promovida polo Goberno galego celébrase aproveitando a visibilidade que outorga a Galicia a súa condición de rexión convidada de honra pola Embaixada de España no país con motivo da celebración do Día da Hispanidade

06/10/2025 | 18:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta dá a benvida en Vigo aos maiores do exterior que participan nunha nova edición do programa ‘Reencontros con Galicia’

Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ofrece a preto de 200 galegos residentes no exterior maiores de 65 anos a posibilidade de reencontrarse coas súas raíces