Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activa esta madrugada a alerta vermella no litoral da Coruña e Lugo por temporal costeiro
Na costa de Pontevedra manterase activa a alerta laranxa
A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por vento na Mariña lucense
Suspéndese por este motivo mañá pola mañá a actividade deportiva federada e do programa Xogade nos 15 concellos da Mariña
A Unidade de Policía Adscrita de Galicia levanta cinco actas de infracción nun dispositivo de prevención de consumo de alcohol por menores realizado en Silleda
Os axentes inspeccionaron 17 locais e as cinco infraccións están relacionadas coa carencia por parte dos establecementos de cartel informativo da prohibición de venda de subministro de alcohol a menores
A Xunta amplía a alerta vermella por temporal costeiro mañá ao suroeste da Coruña e ao litoral de Pontevedra
O aviso vermello xa estaba activo para a última hora desta tarde no noroeste e o oeste da provincia da Coruña
A Xunta activa na madrugada do domingo a alerta vermella no litoral da Coruña por temporal costeiro
Desde esta madrugada estará activa a alerta laranxa en toda a costa galega por temporal costeiro, así como en zonas da Coruña e na Mariña lucense por ventos de 100 quilómetros por hora e en áreas da Coruña, Ourense e Pontevedra por fortes chuvias
A Xunta pon en valor MeteoGalicia e os protocolos que aplica para garantir que a comunidade estea mellor preparada ante os efectos dos eventos adversos
Ángeles Vázquez explica que cun cadro de persoal integrado por 25 persoas, o organismo meteorolóxico autonómico ofrece o seu servizo os 365 días ao ano e apóiase nunha rede de arredor de 160 estacións de medición e 46 de calidade do aire
A Xunta amplía a suspensión na actividade exterior nos centros educativos e a actividade deportiva federada e do programa Xogade a varias zonas da Coruña
Trátase de 12 concellos na zona Suroeste, 10 na Oeste e 38 na Noroeste de Coruña, que se suman aos 15 na Mariña de Lugo e aos 19 na Montaña de Ourense nos que xa se comunicara onte a cancelación das actividades
A Xunta destina 3,9 M€ para previr os danos causados por incendios ou desastres naturais en bosques de montes veciñais e agrupacións forestais de xestión conxunta
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases reguladoras da convocatoria destas achegas da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte
A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por chuvia na provincia da Coruña e por vento na Mariña lucense
Xa se activou tamén para a xornada de mañá o nivel de aviso laranxa no litoral da Coruña e Pontevedra por temporal costeiro e nos concellos afectados cancelouse a actividade deportiva federada no mar
A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese