Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.272 novas da área temática Medio ambiente:

11/09/2025 | 12:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia rexistrou o verán climatolóxico máis cálido da serie histórica

A temperatura media foi de 21,1 graos, 2 graos máis que o habitual neste período

10/09/2025 | 16:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta propón unha fronte galega para exixir ao executivo de Sánchez que traspoña a directiva europea de renovables co fin de acelerar a descarbonización

Ángeles Vázquez considera urxente que o interese público superior das enerxías verdes se aplique tamén a nivel nacional para a autorización deste tipo de proxectos

10/09/2025 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta forma persoal municipal no deseño e xestión de espazos verdes urbanos para avanzar cara á resiliencia

Unha vintena de técnicos municipais ampliaron os seus coñecementos sobre paisaxismo sostible e sobre as especies arbóreas máis axeitadas para contornas urbanas

09/09/2025 | 14:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mantén a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos ríos Grande, en Camariñas, e Lérez, en Pontevedra

Tamén se conservan medidas equivalentes no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés

09/09/2025 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e Asturias impulsan os traballos para actualizar o plan de xestión da Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

O obxectivo é que o novo instrumento, que orientará as accións de conservación e desenvolvemento sostible deste territorio na próxima década, estea listo en 2026

08/09/2025 | 15:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda anuncia que a Xunta aproba o proxecto da Lei do clima co fin de acadar unha Galicia neutra en emisións en 2040, dez anos antes do marcado pola UE

Asegura que esta norma consolida a aposta que “Galicia fai desde hai tempo pola loita contra o cambio climático”

08/09/2025 | 14:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta amplía de 2,5 M€ a 4,35 M€ o orzamento para axudar aos concellos a reducir as perdas de auga mediante pequenas obras nas redes municipais

Grazas a estas achegas, cun importe máximo de 45.000 €, Augas de Galicia poderá cubrir o 100% dos custos deste tipo de actuacións para mellorar o abastecemento

08/09/2025 | 14:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta autoriza o acondicionamento dunha nave como industria de queixos procesados en Castro de Rei

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

06/09/2025 | 12:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor a axilidade de Augas de Galicia para acometer actuacións de conservación fluvial e evitar arrastres de cinzas aos ríos

Ángeles Vázquez explica que as tarefas consisten na instalación de medidas anticontaminación como cordóns vexetais e barreiras de madeira

05/09/2025 | 20:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por impulsar o uso da madeira na construción para avanzar no camiño da descarbonización

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións da Rectoral de Rabeda en Taboadela (Ourense)