Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon o foco no talento audiovisual galego nunha nova edición do catálogo de curtametraxes ‘Shorts from Galicia’
Publícase en formato dixital e físico a edición de 2026, que recolle seis novos traballos dirixidos por Juan Lorenzo Loureiro, Zahira Teijelo, Iria Silvosa, David Fidalgo, Bea Lema e Ángel Suanzes, así como tres curtas en desenvolvemento
Medio Rural pon en valor a colaboración co sector na recuperación da raza autóctona porco celta
A conselleira agradeceu o traballo de asociacións como Asoporcel e subliñou o papel do Goberno galego neste proceso, con axudas a criadores, investigación, protección da raza e promoción dunha marca que hoxe “é sinónimo de calidade, tradición e futuro”
López Campos anuncia que as obras impulsadas pola Xunta en San Pedro de Melide estarán rematadas en primavera
A intervención continúa despois de que se levase a cabo unha inspección técnica previa para valorar o estado do inmoble e determinar a mellor solución
O Centro Galego de Arte Contemporánea inicia a programación de 2026 coa inauguración de ‘Internalities. arquitecturas para un equilibrio territorial’
A mostra, que se poderá visitar por primeira vez en España a partir do venres 6 de febreiro, forma parte do proxecto presentado na 19 edición da Exposición Internacional de Arquitectura – Bienal de Venecia
A Xunta celebra o Día da ilustración coa apertura dunha mostra sobre Siro López, autor homenaxeado este ano
‘Siro. A vida nun lápis’ acolle máis de 50 obras que reflicten a diversidade artística deste autor aínda en activo, que cultivou desde a caricatura política ata o teatro, pasando polo xornalismo e a ilustración
A Xunta propón medidas de protección patrimonial ao Plan urbanístico Alfageme para salvagardar as naves históricas sen que se impida a construción de vivendas
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude asegura que o informe sectorial busca preservar axeitadamente estes bens, catalogados no patrimonio industrial galego
A Xunta contribúe á programación escénica da Coruña e da súa área con 48 actuacións ata xuño no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios
O Fórum Metropolitano e o Teatro Rosalía Castro suman 27 funcións na cidade, mentres que Arteixo, Oleiros, Betanzos e Sada acollen 21 citas no mesmo período
O prestixioso informe da Fundación Contemporánea elixe o CGAC como insignia da cultura galega en 2025
A Cidade da Cultura ocupa a segunda posición, mentres que o Centro Dramático Galego comparte a terceira co Festival Sinsal, o Festival Outono de Teatro e a Bienal de Pontevedra
A Xunta ten aberto o prazo de solicitude de axudas para financiar actuacións en arquivos de concellos e entidades sen fin de lucro galegas
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou desta convocatoria no marco dunha visita ao concello de As Somozas, beneficiario desta subvención na anterior convocatoria