Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon de relevo a incidencia do programa integrado de emprego de Ferrol na formación orientada á cobertura de vacantes na comarca
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe na inauguración do acto de clausura deste PIE, cunha achega do Goberno galego de 220.000 euros que permitiu formar un cento de persoas
A Xunta abre mañá luns o prazo de recepción de candidaturas dos Premios Artesanía de Galicia 2025 co obxectivo de recoñecer o talento e mestría do sector
Os galardóns dividiranse en tres categorías: o Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros, o Premio Traxectoria e as Bolsas Eloy Gesto, que outorgarán ata tres bolsas de 4.000 euros cada unha para investir en formación
A Xunta pon en valor na XV Xuntanza de centros galegos do sur de España a súa unidade e o seu compromiso coa nosa cultura
O secretario xeral da Emigración asistiu hoxe ao encontro, que reuniu en Puerto de Santa María a representantes dos centros galegos de Andalucía, Estremadura e Ceuta, reforzando os lazos culturais e asociativos entre as entidades
A Xunta destaca o obradoiro Artesanía Enxebre de Valdeorras como exemplo de emprendemento e garante da continuidade dos oficios tradicionais
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co director de Turismo, Xosé Merelles, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o obradoiro de Sarah-Jane Borcuk Cardoso e Lalo Gesteira Martíns, inscrito en Artesanía de Galicia
A Xunta clausura o obradoiro dual emprego ‘Salus Lugo’, no que investiu 421.000 euros
O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na entrega de diplomas ao alumnado
A Xunta clausura o obradoiro de emprego dual que compartiron no último ano Chantada, Carballedo e Taboada
O delegado territorial, Javier Arias, participou na entrega de diplomas ás persoas participantes, que recibiron formación sobre xardinería, operacións de acabados ríxidos e urbanización, e atención a persoas dependentes
A Xunta pon de relevo na I ‘Xornada de prevención e seguridade na estiba portuaria’ o seu labor formativo, de asesoramento e control a través da Mesa do naval
José González destacou esta iniciativa da Asociación de empresas estibadoras de Vigo (Asemes) e da Asociación de profesionais de seguridade e saúde laboral de Galicia (Aprosal) sobre unha actividade que considerou fundamental dentro do naval
O obradoiro dual Granxa da Rúa XIII forma en repoboación forestal e consevación de montes a 20 persoas desempregadas
A delegada territorial, Ana Ortiz, asistiu á clausura da última edición do curso que promove Cangas con fondos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Ana Ortiz destaca a formación de 20 desempregados a través do obradoiro dual ‘Polo mar de Redondela’ que tamén permitiu recuperar o histórico bote ‘Manuel’
A delegada territorial da Xunta clausurou a última edición do curso financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 423.119 euros