Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aposta polas renovables para avanzar na descarbonización e no proceso de transición enerxética
Destaca o modelo que está a desenvolver o Goberno galego baseado no binomio industria-enerxía para vincular o futuro desenvolvemento industrial da Comunidade ás enerxías renovables para xerar riqueza no territorio
A Xunta subliña o seu apoio ao sector da automoción e reclama ao Goberno central que mellore a xestión dos PERTEs
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participa no ciclo As cidades do século XXI en Madrid, no que se analiza o presente e o futuro da industria da automoción e salienta os apoios do Goberno galego para facer fronte ao proceso de electrificación
Lorenzana anuncia que xunta e empresas impulsarán o Clúster Contract de Galicia para reforzar o liderado deste sector a nivel global
Explica que este clúster permitirá seguir creando sinerxías entre deseño, industria e tecnoloxía; impulsar a sustentabilidade; e promover a innovación en deseños de espazos e experiencias
A Oficina Económica de Galicia leva atendidas xa case 9.500 consultas, 1.000 delas nas últimas tres semanas
Lorenzana apunta que tamén se levan concertado 430 reunións de asesoramento empresarial entre outros asuntos, para abordar 164 proxectos de especial relevancia
Lorenzana cualifica a Lei de recursos naturais, aprobada hoxe, como a maior reforma en materia industrial e enerxética dos últimos anos en Galicia
“Hoxe é un día moi importante para Galicia”, di, para poñer en valor que a norma vai permitir á comunidade “avanzar na descarbonización, no autoabastecemento e que vai xerar un crecemento industrial e enerxético importantísimo nesta lexislatura e nas seguintes”
A Xunta destaca a aposta da empresa Delicias Coruña por incrementar a súa capacidade produtiva
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá esta fábrica de elaboración de empanadas, empanadillas, pan galego e tortas localizada nas Pontes que percibiu unha achega autonómica para a adquisición de nova maquinaria
Lorenzana destaca que os orzamentos da Xunta para 2025 trasladan certezas e confianza ás empresas e fomentan o desenvolvemento económico e industrial de Galicia
Pon en valor que Galicia é a segunda comunidade autónoma onde máis sube a confianza empresarial, segundo datos de Instituto Nacional de Estatística (INE), un 1,7 por cento
Lorenzana pon a política enerxética e de acceso ao solo industrial como eixes dos orzamentos da Consellería de Economía e Industria, que suman 374 M€
Apunta que, cunha suba do 7,6 por cento, o obxectivo é facilitar ás empresas o acceso a solo industrial de xeito máis rápido para acelerar a implantación de novos proxectos e facer dos recursos naturais de Galicia unha vantaxe competitiva