Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina 102.000 € a mellorar as dotacións de 11 asociacións veciñais do sur da provincia de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, explica que se financiaron obras e equipamentos nos locais sociais para estimular o desenvolvemento de actividades e a participación
Manuel Pardo destaca o apoio da Xunta na mellora no abastecemento de auga da comunidade de usuarios de Vilar en Padrenda
O delegado territorial explicou que este colectivo recibiu 12.000 euros do Plan específico de acción comunitaria da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para ofrecer auga de calidade e con garantías sanitarias aos 300 usuarios das 70 vivendas da comunidade.
O Observatorio Nacional de Educación Dixital recoñece o modelo de ensino híbrido de Galicia ao outorgarlle o seu primeiro premio a nivel estatal
Esta organización está integrada por un consorcio de entidades públicas e privadas como a Fundación Cotec e a Fundación Princesa de Girona, entre outras
A Xunta aproba inicialmente o Plan Básico Municipal do concello de San Amaro, que disporá dun instrumento eficaz de ordenación do territorio
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe deste trámite ao alcalde deste municipio, Fernando Rodríguez Redondo
A Xunta adxudica a redacción da Estratexia Galega da Paisaxe Horizonte 2030 para que entre en vigor en 2026
O IET dirixe os traballos para definir o instrumento de planificación e coordinación de todas as políticas autonómicas neste eido
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética dos vestiarios da piscina municipal de Toques con case 60.000€
A delegada da Xunta visitou o Concello para coñecer as accións aprobadas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
Xunta e Goberno central acordan iniciar en outubro os encontros para avanzar no traspaso das competencias en aeródromos e permisos de traballo
Diego Calvo insistiu tamén na reclamación do Goberno galego en relación co rescate da autoestrada AP-9 e pediu información sobre o proceso e as alegacións presentadas polo Estado
A Xunta leva transferidos 1,4 M€ en axudas para os propietarios de vivendas afectadas polos incendios forestais
O Goberno galego concedeu xa 19 axudas, das que 17 se corresponden coa provincia de Ourense e 2 con Lugo