Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da área temática Igualdade:

10/02/2025 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a importancia de continuar impulsando a presenza feminina e a perspectiva de xénero na investigación científica

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, asistiu á xornada ‘CientífiQas: ciencia feita por mulleres no CiQUS’, organizada pola USC co gallo do Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia

06/02/2025 | 19:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta reafirma o seu compromiso co impulso do emprendemento feminino no sector tecnolóxico

A directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Covadonga Toca, participou na IX edición das xornadas Inspiring women leaders in the digital era, organizada por Women Startup Community

06/02/2025 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos e as entidades sociais soliciten axudas para os seus programas de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de conciliación corresponsable

A primeira orde de subvencións, de 12,2 M€ e dirixida aos concellos, agrupa tres liñas de achegas: as de conciliación corresponsable no ámbito local, as de promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero e as do programa de apoio aos CIM

06/02/2025 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que o centro de crise 24 horas de Ourense é un punto de referencia na loita contra a violencia de xénero na provincia

Galicia conta con cinco recursos destas características que ofrecen atención e asesoramento ás vítimas a través de profesionais multidisciplinares

05/02/2025 | 20:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor as iniciativas impulsadas polas entidades sociais destinadas á prevención da violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou que a colaboración da administración e o tecido asociativo é fundamental para lograr sociedades máis igualitarias

04/02/2025 | 18:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta suma apoios ao protocolo contra violencias sexuais e LGTBIfóbicas nunha xuntanza cos empresarios do ocio nocturno de Lalín

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero salienta a importancia de adherirse a este protocolo para garantir unha resposta rápida e coordinada ante posibles agresións

04/02/2025 | 17:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a colaboración coas tres universidades públicas para impulsar iniciativas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

Na reunión cos equipos das Unidades de Igualdade acordaron seguir traballando en conxunto para a posta en marcha de novos programas orientados a promover as masculinidades igualitarias, a corresponsabilidade e a prevención da violencia de xénero

02/02/2025 | 13:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta blinda o seu apoio ao tecido asociativo con 33 M€ en axudas con cargo ao 0,7% do IRPF que benefician a 155 entidades

Fabiola García destaca que estas achegas facilitarán o desenvolvemento de 744 programas de protección da infancia, atención das persoas maiores e con discapacidade, a inclusión, a igualdade e a loita contra a violencia de xénero

02/02/2025 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a construción da nova residencia e centro de día para persoas maiores de Dozón cun investimento de 1,5 M€

O centro residencial contará con 58 prazas e o de atención diúrna terá 20 destinadas ao coidado e atención dos maiores

02/02/2025 | 10:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida o apoio á contratación de mulleres en sectores masculinizados con 1,7 M€ no 2025

Como novidade este ano estas achegas inclúense no Galicia Emprega (19,7 M€) que busca incentivar a contratación nos colectivos con máis dificultades de inserción laboral e do que se poden solicitar as axudas ata o 30 de setembro