Actualidade
Buscador de novas
A Xunta lamenta os actos vandálicos rexistrados na EDAR de Ons e apela á responsabilidade e colaboración cidadá para evitar novos incidentes
Abrirá unha investigación para identificar ás persoas que arroxaron a fin de semana pedras e madeira contra as instalacións, que segue funcionando con normalidade
Galicia aposta por solucións baseadas na natureza para facer fronte aos riscos derivados de fenómenos meteorolóxicos extremos como as inundacións ou secas
Roi Fernández salienta que a Xunta está a impulsar actuacións dirixidas a devolver ao río o seu espazo así como outras para restaurar a funcionalidade do sistema en situacións de crecemento dos caudais
A Xunta reforza os coñecementos sobre reciclaxe da veciñanza de preto dunha vintena de concellos coa campaña ‘Separa. Depende de ti’
O obxectivo desta iniciativa, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a empresa pública Sogama, é promover a colaboración cidadá na consecución de maiores cotas de reciclaxe, contribuíndo así ao cumprimento dos obxectivos europeos nesta materia
A Xunta apela á responsabilidade da cidadanía e insta a evitar a realización de calquera actividade cinexética na provincia de Ourense durante a vaga de incendios
O Executivo autonómico asinou unha resolución, que sairá publicada no Diario Oficial de Galicia o vindeiro luns, pola que se prohibirá esta actividade mentres se manteña un nivel 2 de emerxencia ou superior na provincia a causa dos lumes
A Xunta e a Asociación Galega de Criadores de Visón analizan os posibles efectos para o sector dos cambios normativos aprobados a nivel europeo
A entidade traslada a inquedanza dos produtores tras a inclusión do visón americano entre as especies exóticas invasoras preocupantes para a UE e a conselleira salienta o grao de cumprimento deste tipo de granxas desde o punto de vista ambiental
A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de Portos de Galicia para dragar a canle de acceso e a dársena pesqueira do peirao de Foz
A resolución, que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, inclúe condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que as actuacións poidan ter nos distintos elementos existentes na contorna
A Xunta apoia con preto de 140.000 euros máis dunha vintena de accións de dinamización da área de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas
A resolución das achegas, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, permite realizar 22 proxectos para eliminar especies exóticas invasoras, fomentar prácticas sostibles ou a posta en valor do patrimonio natural e cultural do parque, entre outras accións
A Xunta dá luz verde ambiental a unha planta de valorización e almacenamento de residuos en Rianxo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta anima á mocidade a través da iniciativa ‘Van polo Clima’ a converterse nun activo fronte ao cambio climático e no coidado do medio ambiente
O Executivo galego promove entre a xente nova prácticas sostibles que contribúan a mitigar os efectos do quecemento global actuando de xeito responsable en todos os aspectos da súa vida cotiá, incluídas as actividades de lecer
A Xunta inicia os trámites para declarar espazo natural de interese local as carballeiras do río Alén, en Barcia de Mera, no concello de Covelo
A conselleira e o rexedor analizaron a memoria elaborada polo Concello co fin de preservar os valores naturais existentes na contorna mediante a súa declaración como ENIL e garantir así unha correcta xestión e conservación dos distintos espazos