Actualidad
Buscador de noticias
Os hoteis galegos ingresaron 53 M€ en setembro, un 4,3 % máis que en 2024, co impulso do mercado internacional
A falta de coñecer os datos do resto de establecementos de aloxamento que o INE fará públicos nuns días, só en hoteis e pensións aloxáronse 645.000 viaxeiros
Galicia enxalza xunto a outras 12 comunidades autónomas o valor do turismo como gran recurso económico
No marco do Foro de Rexións Turísticas Innovadoras que se celebra en Sevilla, a Xunta subscribiu un acordo institucional no que, entre outros aspectos, manifesta preocupación pola política sectorial do Goberno de España
A Xunta prepárase para que o eclipse solar de 2026 sexa unha oportunidade para o astroturismo en Galicia
Turismo de Galicia participa esta semana no Encontro Internacional Starlight onde pon en común os traballos que están a realizar para preparar o destino a este evento
A Xunta abre este venres o prazo das axudas ás cancelacións en establecementos turísticos polos incendios forestais do pasado verán
A convocatoria, en concorrencia non competitiva, informa que o Goberno autonómico poderá cubrir ata un 25% da perda de facturación cun límite ata 2.500€
O espectáculo ‘Reinventio’ encherá de maxia e ilusionismo as sete cidades como reclamo turístico do nadal galego co apoio da Xunta
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou una presentación desta iniciativa que, como indicou, contribuirá a seguir desestacionalizando a oferta
A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Carballo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Rueda celebra o carácter histórico da chegada do peregrino 500.000 e destaca a internacionalización do Camiño de Santiago
Máis da metade dos peregrinos son de procedencia internacional, procedentes de 180 países diferentes, sendo o mercado estadounidense o máis numeroso por terceiro ano consecutivo