Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.438 novas da área temática Comercio:

11/09/2025 | 13:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega en Ortigueira os premios da sexta campaña de ‘Merca no teu comercio’ na Coruña co obxectivo de apoiar o consumo de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe no acto que implicou, ademais de a Ortigueira, os concellos de Cedeira e Cariño 

11/09/2025 | 12:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta leva a Lisboa o proxecto ‘Artesanía no Prato’ no que se xuntan gastronomía e artesanía de Galicia

A Fundación Artesanía de Galicia organiza do 14 ao 16 de setembro o evento ‘Artesanía no Prato. O sabor da Galicia em Lisboa’ enfocado aos profesionais da gastronomía, da hostalería e do contract, así como a prescritores de medios especializados

10/09/2025 | 20:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega na Rúa os premios da sexta campaña da iniciativa ‘Merca no teu comercio’ en Ourense co obxectivo de apoiar o consumo de proximidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto que implicou, ademais da Rúa, os concellos de Vilamartín de Valdeorras, Petín e Larouco, e no que se repartiron 20 tarxetas prepago de 50 euros entre as persoas participantes

10/09/2025 | 12:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o obradoiro dual e o Programa Integrado de Emprego de Arteixo para dar resposta ás necesidades de sectores como o da atención social

Grazas a unha axuda autonómica de 412.000 euros, José González destacou que o obradoiro ‘Arteixo Social 2024-2025’ incidiu tanto na atención a domicilio como na que se presta en institucións, contribuíndo ao labor do centro de día e residencial da vila

10/09/2025 | 10:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o diálogo entre a moda e o labor das colareiras para poñer en valor o patrimonio cultural e creativo deste oficio artesanal

Co apoio da Fundación Artesanía de Galicia, a marca de roupa Carmen 17 lanza hoxe unha colección cápsula en colaboración coa artesá Montse Betanzos (O Grove) na que se reivindica a importancia das colareiras da Toxa como creadoras

09/09/2025 | 18:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca os traballos silvícolas e forestais executados a través do obradoiro de emprego de Vilariño de Conso, Viana do Bolo e A Gudiña

José González destacou os 412.000 euros que o Goberno galego destinou ao obradoiro dual ‘Portas de Galicia IV’, que cualificou de “exemplo de servizo público” por actuacións que contribúen a poñer en valor e protexer o territorio fronte aos incendios 

07/09/2025 | 11:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fomenta a divulgación da olería tradicional de Buño na I Cocedura Tradicional Aberta

Esta fin de semana celébrase en Buño a cocedura tradicional de pezas de olería no Forno do Forte que, por primeira vez, está aberta a outros ceramistas e afeccionados

07/09/2025 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima en Lugo a presentarse aos Premios do Comercio Galego 2025 polo seu compromiso co recoñecemento dos profesionais do sector

José González recordou que os establecementos interesados en optar aos premios poden presentar as súas candidaturas ata o próximo 26 de setembro