Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.038 novas da área temática Formación:

09/12/2024 | 11:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta procurará o retorno de 200 galegos do exterior investindo 2,3 M€ no programa Retorna Cualifica Emprego con axudas para o acceso á vivenda

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases da segunda edición deste programa, enmarcado na Estratexia Galicia Retorna

05/12/2024 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia con máis de 2 M€ a investigación en tecnoloxías da información e comunicacións do CITIC

O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan este centro da UDC, que conta con máis de 230 investigadores

05/12/2024 | 10:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta investirá arredor de 43 M€ en formar preto de 2.000 persoas desocupadas con máis dun cento de obradoiros e programas de emprego entre 2024 e 2025

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as resolucións para o desenvolvemento de obradoiros duais (máis de 36 millóns de euros) e de programas mixtos de formación e emprego dirixidos a persoas mozas (case 6,6 millóns)

04/12/2024 | 10:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os alumnos galegos de primaria superan a media de España en ciencias e matemáticas segundo o informe TIMSS

Acadan 525 puntos en Ciencias, 21 puntos por riba do promedio estatal, neste estudo realizado en 4º de Primaria no que só nove comunidades teñen mostra ampliada

03/12/2024 | 19:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos nos últimos anos case 190 M€ no funcionamento, o equipamento e a formación dos servizos de emerxencias

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de maneira periódica simulacros cos que comprobar a eficacia da coordinación dos efectivos

03/12/2024 | 16:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Remata o I Programa Integral de Emprego de Ponteareas con máis do 50 % dos participantes empregados

O programa foi posible grazas a un investimento da Xunta de Galicia de 220.000 euros

03/12/2024 | 12:15 | C. do Medio Rural

Alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Becerreá amplían os seus estudos en Segovia

Estudantes do ciclo de Formación Profesional de técnico superior en xestión forestal e do medio natural visitaron un campus de maquinaria agrícola e outros puntos de interese nesta mesma provincia

02/12/2024 | 14:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo inaugura o obradoiro de emprego de Trazo, Oroso, Tordoia e Cerceda no que se formarán 20 persoas en mellora de montes e xardinería

A delegada da Xunta participou na apertura deste taller de formación que conta cun apoio da Xunta de 411.000 euros e que se prolongará durante 9 meses