Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 278 novas da área temática Audiovisual:

19/06/2025 | 14:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos presenta a campaña ‘Para gustos, cultura’ con 3.400 accións e 40 tipoloxías este verán

A axenda abrangue proxectos de interese cultural propios do Goberno galego e outros en colaboración coas administracións locais e entidades privadas

17/06/2025 | 13:28 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O XXI Curso de Medios Audiovisuais de Celanova analizará a proxección internacional do sector galego co apoio da Xunta

A matrícula para participar nesta iniciativa pedagóxica, promovida pola Fundación Carlos Casares, permanecerá aberta ata este xoves 19 de xuño

16/06/2025 | 16:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta incentiva as rodaxes audiovisuais en Galicia coa convocatoria de 2,2 M€ en axudas

Increméntase nun 10% a dotación deste fondo autonómico para a promoción da nosa Comunidade como escenario para producións de cinema e televisión

16/06/2025 | 14:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A 23ª edición de ‘Mundos Digitales’ explorará os límites da tecnoloxía na creación dixital co apoio da Xunta

Preto de 70 profesionais de referencia nacional e internacional compartirán durante tres días os proxectos máis relevantes do sector, as tecnoloxías máis innovadoras e as futuras formas de producir e crear contidos dixitais interactivos

13/06/2025 | 14:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Filmoteca de Galicia estrea as películas do programa pedagóxico ‘Cinema en curso’ realizadas por 44 estudantes de tres centros de ensino

Os realizadores Alejandro T. Tarraf, Fon Cortizo e Ángel Santos guiaron, respectivamente, a produción e rodaxe dos filmes dos colexios A Reigosa de Ponte Caldelas, A Rúa de Cangas e Tenorio de Cerdedo-Cotobade

12/06/2025 | 21:04 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

Fabiola García avanza que o Espazo de igualdade e os Puntos lila e arco iris percorrerán os oito festivais de maior afluencia de público de Galicia

A Xunta tamén porá este servizo a disposición dos asistentes ao Resurrection Fest, o Portamérica, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o Atlantic Fest, o Morriña Fest, o Río Verbena e o Caudal Fest

11/06/2025 | 15:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta renova a colaboración coa asociación Escena Galega a prol da dinamización profesional do sector

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, aborda co colectivo o desenvolvemento das liñas de traballo común e iniciativas conxuntas

09/06/2025 | 11:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca 300.000 euros en axudas ao audiovisual para a posta en marcha de futuras longametraxes e series

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases das subvencións ao desenvolvemento de proxectos

28/05/2025 | 14:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Gaitafilmes encara a fin da rodaxe de ‘Monstro’, a nova película de Andrés Goteira producida con subvención da Xunta de Galicia

Contou cunha subvención de máis de 255.000 euros a través da convocatoria de 2022 para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos