Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.386 novas da área temática Comercio:

05/07/2026 | 15:34 | C. de Facenda e Administración Pública
05/07/2026 | 13:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor nos novos ‘Domingos Vivos’ de Ribadavia a decena de locais comerciais rehabilitados e abertos ao público no marco da iniciativa Vilas Vivas

José González destaca a ampla programación cultural —música, obradoiros, catas e rutas guiadas— que se repetirá cada primeiro domingo de mes para complementar a aposta polo comercio local e a apertura de novos negocios dentro de Vilas Vivas

02/07/2026 | 14:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros anima aos artesáns de Ferrolterra a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia

Obradoiros artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada dun crédito orzamentario de 265.000 euros

01/07/2026 | 11:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promoverá o proxecto Artesanía no Prato no XIII Corazón da Artesanía desta fin de semana

A programación do evento nos Pendellos de Agolada inclúe demostracións gastronómicas de recoñecidos chefs como Lucía Freitas, Héctor López, Jorge Gago ou “Taky”, nas que se empregarán pezas de 13 obradoiros de Artesanía de Galicia

30/06/2026 | 18:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o labor da asociación de Redeiras Illa da Estrela como referente na conservación dos oficios do mar, a innovación artesanal e a economía azul

A representante do Goberno anima aos posibles beneficiarios a solicitar as axudas dirixidas a reforzar a comercialización da artesanía a través da súa promoción en feiras e eventos que teñen o prazo aberto ata o 13 xullo

30/06/2026 | 17:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanzará na apertura de locais en Ribadavia no marco do novo programa ‘Domingos Vivos’ do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas

O próximo domingo 5 de xullo haberá unha ampla programación cultural —que incluirá música, obradoiros, catas e rutas guiadas— co gallo de complementar a aposta polo comercio local e a apertura de novos negocios na vila