Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 339 novas da área temática Facenda:

19/11/2025 | 12:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia que esta fin de semana chegará a Galicia o acelerador de protóns para o que será o primeiro Centro de Protonterapia público de España

Sinala que os novos orzamentos van permitir seguir subindo o investimento na sanidade pública galega ata os 5.671 millóns de euros

17/11/2025 | 18:04 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia lamenta que o Goberno central permita ás CC.AA. elevar o déficit sen incrementar a capacidade de gasto

Na reunión do CPFF celebrada hoxe, o secretario xeral técnico e do Tesouro criticou que, unha vez máis, se desaproveitara a ocasión de actualizar o Sistema de Financiamento Autonómico, tal e como piden a maioría das comunidades

17/11/2025 | 11:52 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos anuncia a Oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2025 con máis de 700 novas prazas de acceso libre

O reforzo dos servizos públicos e a remuda xeracional están entre as prioridades do Goberno galego para o ano que vén

14/11/2025 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica a xestión descentralizada dos fondos europeos na asemblea xeral da ARFE

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE defendeu o contido da recente Declaración Galicia, na que as comunidades e os municipios españois defenden unha xestión descentralizada no futuro dos fondos europeos

14/11/2025 | 10:41 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a estabilidade política e institucional de Galicia para atraer investimento produtivo e xerar riqueza e benestar

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou o XXI Foro Aduaneiro, que se celebra na Coruña ata mañá sábado

13/11/2025 | 11:34 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos defende a sostibilidade e a intelixencia artificial como motores de cambio na Administración pública

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou as X Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia

10/11/2025 | 15:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta protexe os intereses de Galicia no debate orzamentario da Unión Europea

 O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presidiu hoxe o padroado da Fundación Galicia Europa, no que tamén participou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos

07/11/2025 | 16:56 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos afirma que a Xunta seguirá apostando por crear, atraer e reter talento para consolidar un sector tecnolóxico forte

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou o XXXIII Congreso AUTELSI

06/11/2025 | 15:13 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta impulsa a consolidación de Galicia como rexión de vangarda das novas tecnoloxías

A Comunidade é xa referente en España en intelixencia artificial, con fitos como a lei autonómica que a regula e a sede da AESIA

05/11/2025 | 15:57 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta alerta sobre a paralización de proxectos fundamentais para Galicia pola falta de orzamentos do Estado

O Goberno galego lembra que a carencia de contas desde 2022 incumpre un mandato constitucional e non debe normalizarse