Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.497 novas da área temática Medio ambiente:

03/08/2026 | 15:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda anuncia unha guía práctica para axilizar os trámites de avaliación ambiental e dar seguridade xurídica aos proxectos que se instalen en Galicia

Salienta que se trata dun manual “pioneiro en España”, ao abeiro da Lei de recursos naturais, e que busca establecer un marco metodolóxico común na valoración dos impactos sociais, económicos e ambientais de calquera proxecto

03/08/2026 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
02/08/2026 | 10:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de interese autonómico para o desenvolvemento dunhas 1.454 vivendas en Santa Cristina de Lavadores, en Vigo

O informe emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña efectos ambientais adversos significativos na contorna

01/08/2026 | 10:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta promove as Illas Atlánticas como punto estratéxico de observación da eclipse con actividades gratuítas arredor da astronomía

A programación prevista, que será gratuíta e está dirixida a todos os públicos, terá como data clave o 12 de agosto -coincidindo coa eclipse total de sol e coa chuvia de estrelas- e se prolongará ata a primeira fin de semana de setembro

31/07/2026 | 20:07 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Ourol, parroquia de Merille

O lume afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado

30/07/2026 | 18:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o Xeoparque Cabo Ortegal como unha oportunidade estratéxica para a promoción exterior e o desenvolvemento sostible da comarca

Ángeles Vázquez sinala que o recoñecemento como Xeoparque é unha ferramenta para xerar oportunidades, impulsar un turismo responsable durante todo o ano, crear emprego vencellado ao territorio e contribuír a fixar poboación no rural

30/07/2026 | 17:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recoñece as boas prácticas ambientais e paisaxísticas desenvolvidas no concello de Curtis na conservación e coidado das sebes

A iniciativa promovida polo Goberno galego busca recuperar e poñer en valor as liñas de árbores e arbustos que no pasado delimitaban as fincas, protexían os cultivos e ofrecían refuxio á fauna

30/07/2026 | 15:50 | C. do Medio Rural

Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14,00 h. de hoxe

Controlado desde as 13,36 horas de hoxe o incendio forestal rexistrado no municipio lucense de Ourol, parroquia de Merille, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas

30/07/2026 | 11:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta declara a emerxencia cinexética temporal en toda Galicia para controlar a poboación do xabaril

A medida, que entrará en vigor este venres e se manterá ata o 31 de xullo de 2027, permite abater ou capturar se límite exemplares de xabarís de ambos sexos e amplía os períodos nos que se pode exercer a actividade cinexética

29/07/2026 | 17:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta en Viveiro a importancia das praias inclusivas e a instalación de estruturas climáticas sostibles nos areais

Ángeles Vázquez sinala que esta iniciativa pretende avanzar na creación de espazos litorais mais accesibles, inclusivos e adaptados ás necesidades de toda a cidadanía