Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 823 novas da área temática Xuventude:

13/04/2026 | 15:27 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda anuncia que a Xunta aumenta ata as 11.932 prazas a oferta para campamentos e actividades de verán, acadando a cifra máis alta da súa historia

O Consello dá hoxe luz verde a esta programación para a mocidade de 9 a 30 anos e cuxo prazo de solicitudes abre o xoves tras a publicación no Diario Oficial de Galicia

11/04/2026 | 19:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta cede ao concello da Estrada un inmoble para o traslado da unidade de atención temperá, á que asisten máis de 40 nenos e nenas

A conselleira destaca que o Goberno galego destina cada ano máis de 85.000 euros para impulsar este servizo no municipio

11/04/2026 | 15:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta arrinca esta fin de semana a segunda edición de Campas 360

A directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, destaca “o grande éxito desta iniciativa que busca tecer lazos e ofrecer propostas formativas e de lecer á nosa mocidade nos fins de semana de abril e maio”

10/04/2026 | 13:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta continúa a adherir entidades ás vantaxes que ofrece o Carné Xove coa incorporación de Casi Events

Coa promoción, os usuarios do carné, de entre 18 e 30 anos, terán un desconto dun 10 % das entradas en iniciativas culturais e de lecer que organiza

08/04/2026 | 13:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convoca no Diario Oficial de Galicia a praza para a dirección do Centro Galego de Arte Contemporánea

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abre un proceso baixo os criterios de transparencia, mérito e capacidade para a selección da candidatura idónea

04/04/2026 | 09:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta mantén aberto ata o 13 de abril o prazo de solicitudes para o Xuventude Mentoring

O programa, destinado a favorecer a transición da mocidade á vida profesional, rematou a súa última edición en febreiro con 160 participantes

02/04/2026 | 09:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta explica as súas iniciativas en materia de igualdade no máster universitario en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras

María Quintiana destaca os programas e axudas do Goberno galego para apoiar aos concellos, para favorecer o emprendemento das mulleres e a súa presenza en sectores masculinizados, así como para dar máis visibilidade ao talento feminino

01/04/2026 | 10:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre mañá o prazo de solicitudes da nova convocatoria do programa Conecta co voluntariado en Galicia centrado na mocidade galega no exterior

O DOG publica hoxe a edición de 2026 desta iniciativa dirixida a persoas de entre os 21 e os 30 anos e que busca facilitar o contacto coa realidade galega e a convivencia entre persoas de distintas procedencias con actividades culturais e medioambientais

31/03/2026 | 14:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro de Formación do Profesorado de Ourense desenvolve este curso máis de 500 actividades

O director xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación felicita ao equipo do centro pola súa contribución á mellora da cualificación dos docentes