Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.027 novas da área temática Turismo:

04/10/2025 | 12:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforza o seu compromiso cun Camiño de Santiago integrador, inclusivo e sen barreiras

Xosé Merelles recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a un grupo de familias da Asociación Nacional de Afectados de Deleción 1P36 tras realizar un tramo da ruta xacobea

04/10/2025 | 11:10 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Economía e Industria; C. do Mar; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda mantén un encontro co embaixador británico centrado no impulso ao turismo e as relacións comerciais

O presidente da Xunta trasládalle a Alex Ellis cuestións de interese para o tecido empresarial galego, que de xaneiro a xullo exportou ao Reino Unido un 10,7 % máis que no mesmo período do ano anterior

04/10/2025 | 10:39 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o papel do deporte para avanzar na plena inclusión das persoas con discapacidade

Fabiola García garante o apoio do Goberno galego ás actividades deportivas pola súa relevante contribución a derrubar barreiras e fomentar a integración

03/10/2025 | 13:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta recibe en Pontecesures a 42 peregrinos da Irmandade Galega de Rubí que realizan o Camiño Portugués pola variante espiritual

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa como exemplo do labor que as entidades galegas realizan en Cataluña para manter vivas as nosas tradicións e fortalecer a identidade galega

03/10/2025 | 12:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Vigo e a súa área metropolitana acollerán ata final de ano 36 funcións da Rede Galega de Teatros e Auditorios co apoio da Xunta

A cidade olívica contará con 18 actuacións nunha programación que arranca este domingo coa obra familiar ‘Bulebule’, de Os Náufragos.

03/10/2025 | 11:47 | Axencia de Turismo de Galicia

O 6º Simposio de Clubs Náuticos de España sitúa Sanxenxo no centro da definición do turismo náutico do futuro co apoio da Xunta

O director de Turismo de Galicia inaugurou o encontro que conxuga turismo de congresos, deportivo e náutico cun claro efecto desestacionalizador do destino

02/10/2025 | 20:09 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca a tradición familiar como valor singular da oferta hoteleira de Galicia

O director de Turismo de Galicia fixo entrega do premio Gente Viajera á familia Liñares, propietaria do Hotel Costa Vella de Santiago de Compostela

02/10/2025 | 15:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Porto do Son

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

02/10/2025 | 13:53 | Axencia de Turismo de Galicia

O festival de maxia ‘Galicia Ilusiona’ aumenta a súa programación e celébrase en oito localidades da comunidade co apoio da Xunta

O director de Turismo de Galicia presentou a cuarta edición do evento, precisamente en Cangas, a vila que se suma ás tradicionais sete principais cidades das edicións anteriores