Actualidade
Buscador de novas
Galicia presenta na Feira de Turismo INTUR o seu potencial de turismo rural e de interior enfocado a incrementar as visitas do turista nacional
A cita desenvólvese ata o domingo e inclúe un programa específico dirixido ao sector así coma actividades e mostra de destinos para o público xeral
Medio Rural destinará no ano 2026 case 17 M€ para seguir avanzando nos procesos de reestruturación parcelaria da comunidade
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural compareceu hoxe na Comisión 7ª do Parlamento, onde avaliou o traballo levado a cabo polo Goberno autonómico neste ámbito e avanzou actuacións futuras
Medio Rural apoia a recría de razas autóctonas ameazadas en máis de 200 explotacións con 1.600 animais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas achegas que teñen como obxectivo de apoiar os gandeiros que apostan pola preservación do patrimonio xenético e produtivo, así como pola sustentabilidade do rural
Medio Rural mantén a suspensión de feiras, concursos e certames de gando para protexer á cabana gandeira fronte á dermatose nodular contaxiosa
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se amplían as medidas de prevención, que estarán vixentes ata o 30 de novembro
Medio Rural destaca a aposta da empresa lucense Jamones González a prol da calidade diferenciada
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, visitou hoxe as súas instalacións situadas no concello do Corgo
Medio Rural recoñece a aposta de Cuevas Marrón Glacé pola innovación e a transformación agroalimentaria
A conselleira María José Gómez visitou hoxe estas instalacións pertencentes ao Grupo Cuevas, que na década de 1980 se converteron en pioneiros na produción masiva desta elaboración doce con castañas
Medio Rural amplía con 1 M€ o orzamento das axudas para o fomento de seguros agrarios que chegan a un investimento total de 10,5 millóns
O Diario Oficial de Galicia publica a ampliación orzamentaria da convocatoria de 2025, o que supón un incremento do 23 % con respecto á anterior
A Xunta insiste na importancia de que a nova PAC a partir de 2028 blinde os fondos de desenvolvemento rural con financiamento suficiente e específico
A titular de Medio Rural afirmou que o novo Marco Financeiro Plurianual pretende substituír a arquitectura de dous piares existente ata o de agora e pon en perigo a viabilidade dos programas de desenvolvemento rural, os fondos de mobilidade de terras ou outros a prol da sucesión de explotacións
Manuel Pardo pon en valor a rápida resposta da Xunta para paliar as consecuencias da vaga de lumes na provincia de Ourense
O delegado territorial lembrou os convenios con 46 concellos para paliar os danos ocasionados polos incendios forestais deste ano por un importe de 5 millóns de euros