Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo asiste á primeira actuación do proxecto “Opera Kids” da asociación de Amigos da Ópera que conta co respaldo da Xunta
A delegada da Xunta explicou que o obxectivo desta iniciativa é demostrar que a ópera pode ser inclusiva e emocionante tamén para os máis pequenos, despertando a curiosidade e o interese polas artes a través do xogo, a sorpresa e a experiencia directa
López Campos destaca a “relevancia histórica, social e cultural” da declaración de herdeiros de Castelao, consultable no Arquivo Histórico de Pontevedra
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude celebra o achado fortuíto, que considera unha “importante achega” para a recta final do ‘Ano Castelao’
A Xunta e Afundación achegan a Lugo a realidade sociocultural da Galicia dos anos sesenta con fotografías de Nicolás Muller
A exposición recolle medio cento de imaxes de olla humanista, tiradas por un dos grandes documentalistas da Europa do s. XX durante as súas viaxes pola Comunidade
López Campos destaca o talento das novas xeracións que garante o futuro das Bandas de Música Populares de Galicia
O representante autonómico fai fincapé na xuventude da maioría dos máis de 1300 intérpretes que integran as 20 agrupacións participantes nunha das edicións máis numerosas deste concurso
A Cidade da Cultura despide o próximo domingo a instalación inmersiva ‘Orixes’ con case 30.000 visitantes e as entradas esgotadas
Entre os asistentes inclúense máis de 5.000 estudantes dun centenar de centros de ensino de Galicia, que poden participar na experiencia de maneira gratuíta no marco dunha saída didáctica
Valentín García destaca as empresas como “eidos estratéxicos para a promoción social do galego”
O secretario xeral da Lingua participa no acto Galeguidade Empresarial, organizado coa colaboración da Xunta polo Foro Enrique Peinador, unha das entidades que participa activamente no proceso de actualización do Plan xeral de normalización da lingua
López Campos gaba “o persistente labor a prol da dinamización cultural” dos Premios da Crítica de Galicia
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no acto de entrega de 2025 destes galardóns que recoñecen a excelencia na creación cultural desde 1978
López Campos anuncia un investimento de 10,5M€ ata 2028 para rematar as obras do Teatro Cine Fraga
O representante do Goberno galego adianta que no vindeiro ano rematarase o proxecto básico e de execución e licitaranse as obras que comezarán en 2027
Tres pezas de coiro, cerámica e téxtil competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2025 dotado con 9.000€
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presidiu a reunión do xurado destes galardóns na que se decidiu nomear os finalistas