Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.272 novas da área temática Igualdade:

05/12/2024 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo das entidades sociais que traballan na inclusión e integración das persoas con discapacidade

Con motivo do día internacional das persoas con discapacidade presentouse a actividade de sensibilización nas escolas promovida pola Fundación ENKI

04/12/2024 | 19:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta polas novas narrativas culturais como ferramentas para potenciar modelos de relacións igualitarias

 A obra de teatro ‘As formas do Amor’ revisa a forma en que se relacionan as parellas e rompe cos estereotipos de xénero

04/12/2024 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca os proxectos pioneiros en materia de inclusión social impulsados polo Centro de Desenvolvemento Rural O Viso

Os directores xerais de Persoas con Discapacidade e Inclusión visitaron o centro de día da entidade e o xardín sensorial

04/12/2024 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia con máis de 5 millóns de euros 371 iniciativas empresariais lideradas por mulleres que supoñen 837 empregos femininos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución dos apoios desta iniciativa da Xunta coa que se conceden entre 8.000 e 27.000 euros por beneficiaria en función da liña que se solicite e do número de postos de traballo creados ou mantidos de carácter indefinido para mulleres

03/12/2024 | 13:50 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca que a Xunta destinará case 2 M€ no 2025 a fomentar a contratación de mulleres en sectores masculinizados

O obxectivo é reducir a fenda de xénero en eidos coma as novas tecnoloxías ou profesións científico-técnicas para avanzar “cara unha sociedade igualitaria e máis xusta”

02/12/2024 | 17:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta elaborará un protocolo específico de atención a mulleres con discapacidade que sofren violencia de xénero

Fabiola García subliña que os avances en materia de atención a persoas con discapacidade “non serían posibles se non contásemos coas entidades sociais como grandes aliadas”

30/11/2024 | 13:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece a oito centros polas súas boas prácticas en materia de inclusión educativa

O primeiro premio, na categoría de Infantil e Primaria, é para o colexio Plurilingüe Graxal (Cambre), mentres que na de Secundaria, recae no Centro Público de Educación e Promoción de Adultos Nelson Mandela do centro penitenciario da Lama

29/11/2024 | 17:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo dos centros de información á muller como piares fundamentais na prevención e eliminación da violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou que en Galicia hai 84 CIMS que dan servizo a 200 concellos