Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.184 novas da área temática Áreas temáticas:

16/06/2026 | 19:22 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda aposta por fortalecer as relacións de cooperación entre Galicia e Ucraína

Mantivo unha reunión coa embaixadora de Ucraína en España, Yuliia Sokolovska

16/06/2026 | 19:14 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural salienta a relevancia da promoción e da identificación da IXP Pataca de Galicia entre os consumidores

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria púxoo en valor hoxe durante a presentación da campaña de promoción desta Indicación Xeográfica Protexida

16/06/2026 | 18:39 | C. do Mar

Mar e a confraría do Porto do Son avalían os últimos investimentos realizados no pósito co apoio da Xunta

O esforzo inversor nos últimos anos supera os 1,5 M€ e permitiu a modernización das infraestruturas e mellorar os servizos da actividade pesqueira e marisqueira

16/06/2026 | 18:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima en Monterrei a solicitar as axudas á rehabilitación de vivenda para persoas traballadoras co fin de contribuír á fixación de poboación no rural

José González sinala que a bisbarra verinesa é unha das máis propicias para o desenvolvemento da nova orde por ter unha alta porcentaxe de vivendas baleiras, polo que cómpre —dixo— tomar medidas para facer fronte a este desequilibrio

16/06/2026 | 17:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e outras comunidades litorais insisten en reclamar ao Goberno central a paralización da reforma do Regulamento de Costas ata que se reúna a Conferencia Sectorial

O obxectivo é abrir un proceso de diálogo transparente e leal sobre a reforma que puxo en marcha de xeito unilateral o Goberno central e que non só é contraria a dereito e invade competencias autonómicas, senón que vulnera os dereitos adquiridos dos titulares das concesións que se pretenden modificar

16/06/2026 | 17:46 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Villares e o alcalde do Páramo abordan os investimentos da Xunta no municipio

O delegado territorial de Lugo analizou co alcalde a colaboración en diversos proxectos de impulso do turismo e de mellora das infraestruturas de comunicación locais

16/06/2026 | 17:44 | C. de Sanidade
16/06/2026 | 17:28 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a importancia da PAC na sustentabilidade de sectores primarios coma o lácteo

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria puxo en valor esta contribución na xornada final do proxecto sobre innovación e transferencia de coñecemento en sustentabilidade para o sector agrogandeiro lácteo LakTis