Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.112 novas da área temática Forestal:

16/08/2024 | 22:37 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Paredes

O lume iniciouse ás 18,55 horas de hoxe e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie de 20 hectáreas

16/08/2024 | 11:47 | C. do Medio Rural

Medio Rural xestionou xa a biomasa no 95% de parcelas de parroquias priorizadas por risco de lume

Esta actuación enmárcase no convenio de defensa das aldeas, subscrito entre a Consellería do Medio Rural, Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que conta con 287 concellos adheridos, case o 92% do territorio galego

15/08/2024 | 17:12 | C. do Medio Rural

O Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta intercambia formación, coñecementos e experiencias cunha delegación de Estonia

A Consellería do Medio Rural recibiu hoxe á delegación de bombeiros de Estonia, enmarcada na iniciativa do mecanismo europeo de protección civil, e a súa estancia estenderase ata o 31 de agosto

14/08/2024 | 10:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa un programa de cursos formativos en prevención de riscos laborais no sector forestal

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) desenvolverá nas vindeiras semanas unha programación específica en diferentes concellos centrada no manexo da motoserra e a rozadoira

13/08/2024 | 13:38 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda salienta a posta en marcha en Verín da primeira base de medios aéreos transfronteirizos de España e Portugal

Destaca os “magníficos profesionais” cos que conta Galicia e a importancia destas instalacións para poder actuar “a un lado e outro da fronteira”

09/08/2024 | 12:55 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

A Xunta renova os equipos de protección individual (EPIs) do persoal do servizo de prevención de incendios de Ourense

O delegado territorial explicou que se renovarán os EPIs de 30 técnicos, 103 axentes medioambientais e preto de 600 traballadores das diferentes categorías que participan na extinción dos incendios forestais na provincia de Ourense

09/08/2024 | 11:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon o foco na importancia das recomendacións preventivas de riscos laborais asociadas aos traballos forestais

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) ten en marcha dúas campañas co obxectivo de fomentar a concienciación do sector nalgún dos labores máis habituais

07/08/2024 | 12:49 | C. do Medio Rural

Medio Rural aposta pola certificación sustentable dos montes galegos, que xa acadou o obxectivo de superficie para 2030 fixado no Plan Forestal

En Galicia, o terreo certificado baixo o sistema PEFC -o de maior implantación internacional- achégase xa ás 460.000 hectáreas en total, das que a Xunta xestiona máis de 164.000, a súa maior parte de montes veciñais en man común

05/08/2024 | 15:08 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia a demanda do sector forestal galego ao Goberno central a prol da mellora da súa fiscalidade

María José Gómez sinalou que, en liña co desenvolvemento do Plan Forestal, o que se persegue é unha fiscalidade que permita valorizar os investimentos e o aproveitamento do monte galego, algo que xera beneficio económico e favorece a prevención do lume e a remuda xeracional

05/08/2024 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello de Avión

O lume produciuse por mor de partículas incandescentes durante a realización de traballos de corta de metal sen as medidas de seguridade necesarias