Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.037 novas da área temática Formación:

12/11/2024 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e universidades inician unha viaxe a Arxentina para avanzar na estratexia de internacionalización

O conselleiro de Educación encabeza a delegación galega que visita desde hoxe o país americano para estreitar lazos e abrir oportunidades de cooperación

10/11/2024 | 15:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta difundirá os apoios para atraer, retornar e reter talento investigador no IV Encontro Oportunius

A cita, que se celebrará o 21 de novembro na Cidade da Cultura, ofrecerá a visión de directivos de relevantes entidades españolas e europeas relacionadas co impulso da ciencia excelente

07/11/2024 | 18:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O orzamento da Axencia Galega de Innovación ascende a 120M€ para 2025

Entre as prioridades deste exercicio atópanse a atracción e retención de talento, a transferencia de coñecemento, o fortalecemento dos centros de investigación e o reforzo das infraestruturas científico-tecnolóxicas

06/11/2024 | 13:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 1400 alumnos de 51 centros educativos galegos formaranse no uso seguro das tecnoloxías a través da VI Ciberliga

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participa na inauguración do certame, na que os estudantes aprenden competencias en ciberseguridade

06/11/2024 | 12:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta actualizará o decreto de formación do profesorado para axustalo ás necesidades actuais como elemento chave para a calidade do ensino

Inicia o proceso para recoller achegas previas para a nova normativa que  modernizará estas actividades e as adaptará á dixitalización, entre outros

03/11/2024 | 11:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta contrata por case 105.000 € o servizo de actividades de sensibilización e divulgación nas aulas da natureza de Siradella e O Veral

As accións previstas, que se desenvolverán principalmente nas propias instalacións pero tamén en centros educativos, socioculturais ou sedes doutras entidades, teñen como fin difundir os valores da Rede Natura 2000 e dos espazos protexidos entre a cidadanía

01/11/2024 | 10:54 | C. de Facenda e Administración Pública

A IV Edición de CIBER.gal esgota en menos de 15 días as 750 prazas presenciais para a xornada destinada á cidadanía

Os interesados en asistir a este bloque teñen dispoñibles prazas para o seguimento en streaming

31/10/2024 | 15:40 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP organiza un webinario para analizar a situación e o réxime xurídico do funcionario interino

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe o webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois cunha participación dun cento de empregados públicos

31/10/2024 | 12:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende a importancia da formación e o talento para a transformación e a mellora competitiva do tecido produtivo galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou na inauguración da xornada Benvido Futuro: Proxectando Galicia, un encontro para abordar os desafíos e oportunidades do futuro empresarial galego que se desenvolve no marco do programa Capacita Directivos