Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.166 novas da área temática Comercio:

11/12/2024 | 15:13 | C. do Medio Rural

Medio Rural converte Lugo esta fin de semana nun escaparate de produtos alimentarios galegos de calidade diferenciada cun Mercado de Nadal

O espazo permanecerá aberto desde a tarde do venres ata o domingo 15 na Praza Horta do Seminario, cunha ampla oferta de produtos e un completo programa de actos de carácter lúdico

11/12/2024 | 14:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a nova campaña de Nadal do comercio vigués con 117 establecementos adheridos

A delegada territorial, Ana Ortiz, participou este mércores na presentación da iniciativa  do Centro Comercial Aberto de As Travesas

11/12/2024 | 12:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Martina Aneiros anima a aproveitar a ampliación do Bono Activa Comercio dotado con outros 2,5 M€

As persoas consumidoras que descargasen o bono e non o consumisen enteiro poden facelo e as que aínda non o teñan, dispoñen dunha nova oportunidade para obtelo na web ata que se esgote o crédito 

10/12/2024 | 18:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fomenta o consumo en case un milleiro de negocios lucenses coa reactivación dos Bonos Activa Comercio

O delegado territorial, Javier Arias, destaca que no arranque da convocatoria en novembro mobilizáronse 1,3 millóns de euros nos negocios da provincia adheridos á campaña, máis de medio millón na cidade de Lugo

10/12/2024 | 13:32 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca o sector da artesanía coma garante da identidade galega e embaixador da marca Galicia por todo o mundo

Asegura que os preto de 800 obradoiros que hai na comunidade representan “a Galicia potente que ten que estar no mundo, pero sen renunciar as súas raíces”

09/12/2024 | 10:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta arranca hoxe a ampliación dos Bonos Activa Comercio coa previsión de mobilizar máis de 11 M€ en vendas nos negocios de proximidade

Esta sexta edición da iniciativa volve con 2,5 M€, tralo éxito acadado e esgotarse en pouco máis de dous días os 2,5 M€ destinados inicialmente

08/12/2024 | 09:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa mañá a ampliación do Bono Activa Comercio con outros 2,5 M€ para atender á demanda tanto do tecido comercial como da cidadanía

As persoas que xa descargaran os seus bonos desta 6º edición -agora ampliada- e non os gastasen, teñen dende mañá unha nova oportunidade para empregalos

07/12/2024 | 13:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon a “Artesanía, saber e sabor” como punto de partida do proxecto piloto de dinamización do tecido comercial de vilas galegas que implantará en 2025

José González destacou que o evento deste fin de semana en Ribadavia fai uso efémero de baixos comerciais en desuso cun amplo programa no que se mestura a tradición e a innovación, parte da filosofía do que será o programa Vilas Vivas

04/12/2024 | 19:37 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda enmarca a ampliación dos Bonos Activa Comercio dentro do compromiso da Xunta co sector e cos autónomos

Sinala que o papel do comercio vai máis aló do económico, enchendo de vida vilas e cidades todos os días do ano