Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.431 novas da área temática Administración pública:

14/06/2025 | 12:11 | C. de Facenda e Administración Pública

O sector tecnolóxico galego supera, por primeira vez, os 23.000 empregados e acada un valor engadido bruto de 1.800 millóns de euros

O sector continúa a senda de crecemento dos últimos anos e mantén a quinta posición estatal en número de empresas con máis de 3.100

12/06/2025 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1,1 M€ á mellora de infraestruturas e servizos na Mariña a través de tres ordes de axudas a concellos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Dirección Xeral de Administración Local resolveu algunhas das principais liñas que convoca anualmente

11/06/2025 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta insiste en que a Conferencia de Presidentes demostrou que ao Goberno central non lle preocupan os problemas reais e só buscaba unha foto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes interveu no Parlamento de Galicia para facer unha valoración do encontro celebrado o pasado venres en Barcelona

11/06/2025 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta por manter Galicia á vangarda en calidade e innovación pola xestión da auga

A colaboración do Goberno galego coa entidade que permitiu desenvolver proxectos conxuntos como as melloras na EDAR de Viveiro ou no sistema de abastecemento da marxe dereita da ría de Arousa, entre outros

10/06/2025 | 17:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo preside unha nova reunión da Comisión Territorial de Coordinación para facer seguimento das actuacións da Xunta nos concellos

A delegada da Xunta analizou o estado das distintas convocatorias de axudas actualmente abertas e aquelas previstas para as vindeiras semanas

10/06/2025 | 16:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta aborda coa Fegamp a colaboración institucional para a posta en marcha da nova rede de concellos contra o acoso escolar

O conselleiro de Educación recibe ao presidente da entidade local para afondar nesta medida a prol da convivencia nas aulas aprobada no Debate sobre política xeral 

10/06/2025 | 15:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta investirá 200 M€ ata 2026 para implementar tecnoloxías de intelixencia artificial na práctica sanitaria

O conselleiro de Facenda e Administración Pública pechou a xornada da mañá do IV Foro Económico Galicia – El Español

06/06/2025 | 19:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda lamenta que a conferencia de presidentes serviu para que o goberno central tivese a súa “foto” pero os galegos marchan dela sen nada

Sinala que non renuncia a chegar a acordos en materia de vivenda no caso de que o Goberno cumpra que a achega autonómica se dedique ás prioridades que estableza cada comunidade e se aumente o prazo de 4 a 6 anos para poder planificar a longo prazo