Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.167 novas da área temática Comercio:

27/11/2024 | 13:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha en Lugo un sistema de reclamación dixital para favorecer os dereitos de consumidores e usuarios

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os comercios adheridos contarán cun código QR que simplifica e axiliza o trámite

27/11/2024 | 12:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

Artesanía, saber e sabor converterá Ribadavia nun mercado de produtos artesáns e alimentarios galegos para dinamizar o comercio de proximidade

Esta acción da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería do Medio Rural desenvolverase entre o 6 e o 8 de decembro no casco histórico da vila

26/11/2024 | 13:37 | C. do Medio Rural

María José Gómez avoga por que todos os axentes da cadea de valor alimentaria vaian da man para que os produtores perciban prezos axeitados polo seu labor

A conselleira do Medio Rural fixo esta nova chamada á unidade no sector agroalimentario na entrega dos premios Pyme Carrefour en Galicia, celebrados este mediodía na Coruña

25/11/2024 | 10:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza cos recintos feirais na elaboración do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030

José González agradece o labor desenvolvido polos recintos da Coruña, Ourense, Lugo, Vigo e A Estrada, cualificándoos de auténticos referentes de dinamización das súas respectivas contornas

24/11/2024 | 10:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza as competencias do sector comercial de Ribadavia, concello que albergará na ponte de decembro o evento ‘Artesanía, saber e sabor’

O Executivo galego impulsa unha xornada formativa sobre decoración e escaparatismo para mellorar a visibilidade e promoción no punto de venda

23/11/2024 | 18:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa en Pontevedra na entrega de premios da segunda quenda da campaña ‘Merca no teu comercio’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, pon en valor esta iniciativa desenvolvida en colaboración coa Federación Galega de Comercio na que participan 1.200 comercios en toda a provincia

21/11/2024 | 14:11 | C. do Medio Rural

Medio Rural abre mañá en Vigo o primeiro Mercado de Nadal de Artesanía Alimentaria

O espazo permanecerá aberto ata o vindeiro domingo, en horario de mañá e tarde, no Peirao do Areal, cunha ampla oferta de produtos de calidade diferenciada adscritos á marca Artesanía Alimentaria e un completo programa de actos de carácter lúdico

20/11/2024 | 19:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
20/11/2024 | 15:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza na colaboración co concello de Ponteareas para impulsar a nova praza de abastos do municipio, cunha achega autonómica de 800.000 €

A actuación enmárcase na aposta estratéxica da Xunta para reforzar e revitalizar os mercados e prazas de abastos e o seu impulso como Mercados Excelentes