Actualidade
Buscador de novas
A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres no concello pontevedrés de Cangas
Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis), que foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático localizado en Carballedo (Cerdedo-Cotobade)
A Xunta avanza no reparto de palla e cereais para alimentar a fauna silvestre afectada polos incendios
Xa se fixo esta distribución en puntos dos concellos de Maceda, Oímbra, Monterrei, Cualedro e Laza
A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable sobre o proxecto para completar a conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que a actuación é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións e o programa de vixilancia ambiental que figuran na propia resolución e na documentación avaliada
A Xunta presenta os avances da candidatura da oitava reserva de biosfera de Galicia que sumaría máis de 90.000 hectáreas de superficie protexida
Este novo espazo protexido tería como núcleo o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e estendería a súa área de influencia desde Porto do Son ata Baiona
Rueda impulsa o Pacto polo Litoral como acordo histórico de gobernanza compartida entre a Xunta e os concellos costeiros
Nas próximas semanas aprobarase a constitución do Foro do Litoral, que se converterá no máximo órgano de participación nesta materia
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación dunha explotación de vacún en Sarria
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan efectos significativos adversos sobre a contorna sempre que se cumpra co fixado no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Belén do Campo supervisa o investimento realizado de máis de 52.000 € na mellora do alumeado público en 4 rúas de Coristanco ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental non competitivo
A delegada da Xunta puxo en valor que, con esta actuación, ademais de mellorar o servizo prodúcese unha redución do consumo enerxético dun 66 %, o que implica unha diminución do gasto municipal en torno aos 3.000 € ao ano
A Xunta e o Clúster Alimentario de Galicia impulsan o programa PROALIS-CARBON para reducir as emisións do sector e avanzar na transición climática
Ángeles Vázquez subliña que o obxectivo último é lograr ciclos de carbono alimentarios sostibles
A Xunta reafirma en Ourense o seu compromiso coa reparación dos danos causados polos lumes e o impulso de reformas que melloren a prevención
Ángeles Vázquez anima a solicitar as axudas para restaurar infraestruturas de uso público danadas e expón as modificacións nos procedementos de autorización para as actividades a desenvolver nos espazos da Rede Natura
A Xunta emite declaración de incidencia ambiental de actividade favorable para a ampliación e legalización do albergue de animais domésticos de Lugo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a iniciativa teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran as condicións fixadas na propia resolución autonómica e na documentación avaliada