Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.519 novas da área temática Emprego:

06/07/2025 | 09:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a conciliación das persoas autónomas cunha liña específica dotada con 1 M€ no marco da orde unificada de apoios a este colectivo

Trátase dun dos cinco programas enmarcados na convocatoria única para autónomos lanzada por primeira vez este ano cun orzamento global de máis de 40M€, co obxectivo de beneficiar 8.700 traballadores e traballadoras por conta propia

05/07/2025 | 12:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta na celebración do Día do Cooperativismo Galego o potencial da economía social en Galicia e a súa aposta para impulsala

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social e a directora xeral de Formación Profesional, participaron en Rábade no acto conmemorativo do Día do Cooperativismo Galego

04/07/2025 | 14:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Gadisa colaboran na acreditación da experiencia laboral dos traballadores da empresa

A directora xeral de FP reúnese co departamento de Recursos Humanos da firma para avaliar o impulso deste procedemento enmarcado no Plan FPGal360

04/07/2025 | 12:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta ten en marcha a campaña ´Traballo e calor´ para reforzar a seguridade laboral en tempos de altas temperaturas

A campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) pon o foco na necesidade de descanso, aclimatación, boa alimentación e hidratación no desenvolvemento de tarefas en períodos de calor extremo

03/07/2025 | 15:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta na Toxa o papel clave da diáspora galega como aliada estratéxica para o desenvolvemento económico de Galicia

Destaca que Galicia vive un momento especialmente atractivo, bo para o emprendemento e cunhas cifras de paro que seguen mellorando

03/07/2025 | 14:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Jaén a ferramenta EMi como exemplo do éxito da intelixencia artificial na intermediación laboral

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou esta mañá na mesa redonda La IA aplicada a los procesos de intermediación, no marco das vixésimo terceiras xornadas dos Servizos Universitarios de Emprego

03/07/2025 | 12:05 | C. de Sanidade

A Xunta publica o decreto da oferta pública de emprego do Servizo Galego de Saúde para 2025, con 3.460 prazas

A oferta de emprego público amplía en 2.000 prazas as inicialmente previstas 

03/07/2025 | 11:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo visita en Aranga a Oficina Móbil de Retorno da Xunta, un recurso clave para asesorar aos galegos do exterior que deciden volver a súa terra

Este servizo complementa as oficinas permanentes de atención ao retorno situadas en Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

02/07/2025 | 16:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta súmase á semana das cooperativas salientando a creación de 1.000 entidades na última década e a súa pegada na xeración de riqueza e emprego

José González subliñou que o cooperativismo representa unha peza fundamental no tecido socioeconómico galego, con máis de 3.500 millóns de euros de facturación en 2024, o 5,1% do PIB da Comunidade, e empregando a máis de 78.000 persoas

02/07/2025 | 13:06 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia tres programas da Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses para mulleres en situación de vulnerabilidade

As achegas, publicadas nas últimas semanas, suman 67.600 euros para o desenvolvemento de medidas de integración sociolaboral