Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.114 novas da área temática Formación:

03/12/2024 | 19:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos nos últimos anos case 190 M€ no funcionamento, o equipamento e a formación dos servizos de emerxencias

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de maneira periódica simulacros cos que comprobar a eficacia da coordinación dos efectivos

03/12/2024 | 16:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Remata o I Programa Integral de Emprego de Ponteareas con máis do 50 % dos participantes empregados

O programa foi posible grazas a un investimento da Xunta de Galicia de 220.000 euros

03/12/2024 | 12:15 | C. do Medio Rural

Alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Becerreá amplían os seus estudos en Segovia

Estudantes do ciclo de Formación Profesional de técnico superior en xestión forestal e do medio natural visitaron un campus de maquinaria agrícola e outros puntos de interese nesta mesma provincia

02/12/2024 | 14:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo inaugura o obradoiro de emprego de Trazo, Oroso, Tordoia e Cerceda no que se formarán 20 persoas en mellora de montes e xardinería

A delegada da Xunta participou na apertura deste taller de formación que conta cun apoio da Xunta de 411.000 euros e que se prolongará durante 9 meses

01/12/2024 | 09:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Oito centros galegos, galardoados nos II Premios ConVivimos a prol da convivencia e o benestar nas aulas

O primeiro premio, na categoría de Primaria, é para o colexio Plurilingüe de RIomaior (Vilaboa), mentres que na de Secundaria, recae no Centro Integrado de FP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense)

30/11/2024 | 17:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta potencia a formación en beneficio do sector comercial da comarca da Limia

O director xeral de Comercio e Consumo asistiu esta tarde á xornada impulsada polo Goberno galego en Xinzo de Limia arredor da decoración e o escaparatismo co gallo de mellorar a visibilidade e promoción no punto de venda

29/11/2024 | 16:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a súa aposta polo impulso dun ecosistema que fomente o emprendemento innovador e a transferencia de coñecemento

A directora do Igape, Covadonga Toca, destaca no Demo Day da Business Factory Food (BFFood) a importancia do sector agroalimentario galego, que conta con máis de 2.600 empresas e representa o 7% do PIB da comunidade