Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 978 novas da área temática Territorio:

20/01/2025 | 12:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo destaca a boa acollida das axudas da Xunta a concellos e particulares para a corrección de impactos urbanísticos

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou por quinto ano esta orde de subvencións que conta cun orzamento de dous millóns de euros

18/01/2025 | 13:37 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que a partir do vindeiro mércores poderán solicitarse as axudas da Xunta para a compra de vehículos eficientes

Esta nova convocatoria conta cun orzamento de 3,1 M€ e subvenciona a compra de turismos e furgonetas cun custo inferior ou igual a 42.000 €, que se amplía a 47.000 € para vehículos eléctricos cunha autonomía maior a 30 km en modo eléctrico e, como novidade, en 6.000 euros máis, cando se trate dun vehículo adaptado para a condución de persoas con discapacidade ou se dispón de oito ou nove prazas

18/01/2025 | 10:08 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina preto de 900.000€ a programas de voluntariado xuvenil e interxeracional no rural

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega case 600.000€ a iniciativas que unan mocidade e maiores de 55 anos para dinamizar concellos menos poboados

17/01/2025 | 15:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta analiza coa `Comunidade de Montes de Vincios´ e con empresarios posibles solucións para acelerar o desenvolvemento do polígono da Pasaxe

A conselleira traslada o compromiso da Xunta de axudar e participar en parte do financiamento necesario para acometer a obra de urbanización do polígono da Fase 1

17/01/2025 | 14:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Particulares e concellos poderán solicitar dende o luns as axudas da Xunta para corrixir impactos paisaxísticos

O delegado territorial, Javier Arias, explica que na provincia de Lugo se concederon 283.000 euros que facilitaron un cento de actuacións de iniciativa privada ao abeiro da convocatoria do ano pasado

17/01/2025 | 11:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta afronta con “boas expectativas” a recta final da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o cumprimento rigoroso de prazos para que a Unesco teña o expediente definitivo antes do 1 de febreiro

16/01/2025 | 11:04 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000 € das obras de restauración do santuario da Peregrina

Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que afectan as fachadas

15/01/2025 | 14:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima a concellos e particulares a apostar polo ‘fermosismo’ coas axudas da Xunta que facilitaron unha trintena de actuacións en Celanova

O Goberno galego destina 2 M€ á nova convocatoria das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, cuxo prazo de solicitude abre o 20 de xaneiro

15/01/2025 | 13:09 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestruturas rurais de Mazaricos entre 2023 e 2025

A delegada da Xunta avaliou co alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como para a rehabilitación de camiños en zonas de concentración parcelaria

14/01/2025 | 20:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellorará a seguridade viaria dos peóns na estrada autonómica LU-530 en Castelo

O delegado territorial reuniuse esta tarde cos veciños para presentarlles o conxunto de actuacións previstas, que inclúen unha senda peonil, dous novos pasos de peóns e o reforzo da sinalización