Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.268 novas da área temática Medio ambiente:

13/06/2025 | 14:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Frades avanzan no deseño do proxecto para ampliar a ETAP de Ponte Carreira cun investimento de máis de 500.000 euros

Augas de Galicia e o Goberno local perfilan os últimos detalles para poder asinar proximamente o convenio de colaboración entre as partes no que o Executivo autonómico aportará o 80% do financiamento e o municipio o 20% restante

12/06/2025 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede preto de 3.000 axudas en cinco anos para corrixir impactos paisaxísticos cun investimento global de 16,5 M€

Ángeles Vázquez destaca que estas achegas para mellorar o estado de distintos inmobles e instalacións teñen cada vez máis demanda e que desde 2021 xa chegaron a 295 dos 313 municipios galegos, preto do 95% do total

12/06/2025 | 15:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e as asociacións de nais e pais de alumnos estudan fórmulas de colaboración para dar a coñecer os parques naturais galegos entre a rapazada

Coincidiron na importancia de promover iniciativas que contribúan a concienciar aos máis novos da necesidade de conservar os hábitats e a biodiversidade dos espazos naturais protexidos

12/06/2025 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1,1 M€ á mellora de infraestruturas e servizos na Mariña a través de tres ordes de axudas a concellos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Dirección Xeral de Administración Local resolveu algunhas das principais liñas que convoca anualmente

12/06/2025 | 14:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece 368 rutas guiadas con arredor de 5.400 prazas para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre os meses de xuño e setembro

As rutas son de balde, pero as persoas interesadas deberán facerse cargo do custo do transporte ás illas e inscribirse previamente na web da central de reservas ou persoalmente o día da visita nas casetas de información que hai en Cíes e en Ons

12/06/2025 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
11/06/2025 | 17:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lamenta non poder adoptar medidas de control da poboación do lobo de forma inmediata

Os servizos xurídicos do Executivo galego están a estudar en profundidade o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que suspende cautelarmente o réxime de xestión desta especie

11/06/2025 | 16:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta defende a Estratexia Galega de Economía Azul na Conferencia Mundial sobre os Océanos

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE foi seleccionado para formar parte da delegación do Comité Europeo das Rexións neste foro, destacando o seu papel como relator do ditame sobre o futuro da pesca

11/06/2025 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta por manter Galicia á vangarda en calidade e innovación pola xestión da auga

A colaboración do Goberno galego coa entidade que permitiu desenvolver proxectos conxuntos como as melloras na EDAR de Viveiro ou no sistema de abastecemento da marxe dereita da ría de Arousa, entre outros

11/06/2025 | 13:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta revisa a autorización ambiental do Centro de Tratamento de Residuos Industriais nas Somozas para reforzar a seguridade e o control das emisións

Modifícanse as condicións establecidas para unha serie de parámetros nunha das plantas que hai nas instalacións e a empresa deberá achegar un informe trimestral con datos diarios, valores medios e posibles incidencias rexistradas