Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.899 novas da área temática Áreas temáticas:

02/10/2026 | 14:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta resalta a importancia do traballo conxunto de toda a sociedade para evitar calquera tipo de violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, asistiu á presentación da I Carreira Solidaria 4,4K ActivAemos, organizada pola Asociación de Empresarios de Mos

02/10/2026 | 13:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Festival Internacional de Teatro de Ourense reforza na súa edición de 2026 a creación galega e o intercambio escénico co apoio da Xunta

A cita combina teatro, danza, circo e propostas de rúa nunha programación que reúne compañías galegas e formacións chegadas de Andalucía, Cataluña e Hispanoamérica

02/10/2026 | 13:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o deporte global, inclusivo, igualitario, para todos e para todas

Manuel Pardo reivindicou un deporte global, inclusivo, igualitario, para todos e para todas; e recalcou que “a discapacidade sexa do tipo que sexa, debe facerse desde a perspectiva da igualdade, a non discriminación, a accesibilidade universal e a acción positiva”

02/10/2026 | 13:47 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña que grazas ao Código Ictus Galicia ofrece unha mellor resposta sanitaria a preto de 2.000 casos de accidentes cerebro-vasculares ao ano

O titular de Sanidade detalla que o Código Ictus permite coordinar a resposta asistencial ante unha sospeita desta enfermidade e activar os recursos necesarios para que o paciente poida recibir canto antes o tratamento máis axeitado

02/10/2026 | 13:45 | C. de Sanidade

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se crea e se regula o Rexistro Galego de Persoas Centenarias

Trátase dun proxecto pioneiro que permitirá obter información sociodemográfica, clínico-epidemiolóxica e estatística de suma importancia para afondar nos factores da lonxevidade e optimizar a atención sanitaria

02/10/2026 | 13:41 | C. do Medio Rural

María José Gómez chama á industria láctea a compensar os gandeiros polo incremento dos seus custos de produción

Pide tamén un esforzo aos consumidores, “porque sen produtores non hai produtos de calidade nas nosas mesas” e insiste en reclamar ao Goberno central que faga un especial fincapé na redución da fiscalidade das persoas agricultoras e gandeiras

02/10/2026 | 13:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta forma a persoal investigador en transferencia do coñecemento para maximizar o impacto da I+G+i

Este curso enmárcase no programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que leva unha década formando a profesionais para que a ciencia chegue á sociedade

02/10/2026 | 13:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta defende en Valga o modelo autonómico de formación para o emprego orientado a contar con perfís cos que cubrir as vacantes das empresas

José González sinala que esta aposta inclúe apoios para a capacitación, tanto de persoas ocupadas como desempregadas, co fin de atender as necesidades de man de obra do tecido produtivo

02/10/2026 | 13:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o PIE da Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrol que acadou o 40% de inserción laboral das súas participantes

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou no acto que tivo lugar no centro de formación Irmáns Froilaz de Narón

02/10/2026 | 13:26 | C. de Sanidade

Belén do Campo destaca a unión da Xunta e Eroski para fomentar unha alimentación equilibrada e estilos de vida saudables

A delegada da Xunta destacou a importancia de educar desde a infancia nestes hábitos durante a inauguración da VI Xornada de Alimentación Saudable de Vegalsa-Eroski, que nesta edición se celebra baixo o lema “Bos hábitos, boa vida. Xacobeo 2027”