Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 195 novas da área temática Función pública:

20/09/2024 | 10:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis dun milleiro de persoas participan mañá na proba de coñecementos do proceso selectivo para cubrir 84 prazas de Policía Local en 32 concellos

Os aspirantes realizarán este primeiro exercicio da oposición no recinto feiral de Silleda e, a continuación, as persoas non exentas someteranse ao segundo exercicio correspondente á proba de lingua galega

18/09/2024 | 13:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a nova tenda ‘Arroupa’ de Cáritas en Carballo como unha aposta polo emprego inclusivo e pola economía circular

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu hoxe á inauguración do establecemento, destacando que esta empresa de inserción recibe apoio do Goberno galego para garantir a súa actividade

18/09/2024 | 09:26 | C. do Mar

Villares lamenta a perda de 10 meses para rectificar e integrar os aspectos socioeconómicos, habilitar maiores TAC e flexibilizar a súa administración

O titular de Mar trasladou a necesidade de perfeccionar e transparentar o sistema de negociación de cara aos vindeiros anos para evitar sentar un precedente negativo na determinación das TAC

12/09/2024 | 13:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha a IX Edición do Programa Scratch Day para achegar a linguaxe de programación aos máis novos dun xeito lúdico

As xornadas, dirixidas á rapazada de entre 7 e 15 anos, comezarán o 21 de setembro e desenvolveranse ata outubro en 4 aulas da Rede CeMIT e na Cidade da Cultura

12/09/2024 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

O Consorcio Casco Vello aproba o seu novo plan de investimentos con 1,6 millóns de euros para rehabilitar seis edificios no barrio histórico de Vigo

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, presidiu o consello de administración

11/09/2024 | 10:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca cinco novos cursos básicos para persoal das agrupacións de voluntarios de protección civil

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das accións formativas, que se desenvolverán de xeito descentralizado

06/09/2024 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 4,1M€ na construción de 20 vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro no barrio San Eleuterio-Tameiga, en Mos

Trátase dun edificio de tres alturas, con vivendas de entre 2 e 4 dormitorios, e contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos

30/08/2024 | 10:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con delitos no medio rural o pasado ano

A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denuncias